Tuesday, 02 January 2018 10:06

A Xunta activa un plan para a dixitalización de 100 Pemes que xunto co programa de formación 4.0 mobilizará máis de 10M€

O Goberno galego destina preto de 6 millóns en novas axudas para apoiar proxectos de dixitalización do tecido empresarial e impulsar a formación na Industria 4.0 de 1.000 traballadores e mandos intermedios. En 2018 levaranse a cabo catro convocatorias para facilitar proxectos dixitais, nos que terán prioridade as iniciativas colectivas formadas por grupos de empresas. Con estas medidas a Consellería de Economía, Emprego e Industria, favorece os investimentos e a especialización en ámbitos como a robótica, o big data, vehículos autónomos, Internet das cousas ou ciberseguridade.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018.- A través do Igape, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, destina preto de 6 millóns de euros a proxectos colectivos de dixitalización que beneficien a 100 Pemes galegas, así como formación en tecnoloxías, procesos e metodoloxías da Industria 4.0, para achegar coñecementos a 1000 traballadores e mandos intermedios. Estas novas convocatorias (DOG 28 de decembro de 2017) favorecerán conxuntamente a mobilización de máis 10 millóns de euros.

A Xunta promove proxectos colectivos de dixitalización nas Pemes, destinando 5 millóns de euros a apoiar investimentos ao abeiro da Axenda Industria 4.0 e contando con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). O obxectivo é potenciar a posta en marcha de sistemas informáticos que aporten valor ás empresas: tanto proxectos colectivos de soporte a procesos sectoriais multiempresa como proxectos individuais de intelixencia artificial e de conectividade inter e intraempresarial.

Á realización de obradoiros para a xeración de proxectos colaborativos de dixitalización, financiados ao 100% co novo programa, súmanse as axudas a investimentos dixitais que poderán cubrir ata o 30%, no caso das pequenas empresas, e ao 20% para as medianas, se ben os gastos de colaboracións externos necesarios poderán contar con apoios do 50%. O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2018 no caso de obradoiros e ata o 15 de marzo no das axudas a investimentos en dixitalización. Haberá catro convocatorias ao longo do 2018.

Terán prioridade os proxectos colectivos formados por grupos de empresas e que, de maneira opcional, poden estar coordinadas por un organismo intermedio. A Xunta reforza con esta iniciativa a súa aposta por un modelo de peme 4.0, dixital, innovadora e exportadora. Reforza e complementa así as convocatorias de axudas para impulsar investimentos 4.0, que se activarán por terceira vez en 2018 e que xa teñen beneficiado a 70 empresas con máis de 15 millóns de euros en investimentos.

Formación 4.0

Pola súa banda, os proxectos de capacitación en xestión e organización empresarial van achegar formación no eido 4.0 a 1.000 profesionais, traballadores e mandos intermedios, que se formarán en organización industrial, liderado de proxectos, protocolos de cooperación interempresarial, utilización de ferramentas de business intelligence (intelixencia empresarial) e de vixilancia tecnolóxica, co-creación de produtos, novos modelos de negocio e eficiencia enerxética.

Estas axudas á formación 4.0 contan cun orzamento de 700.000 euros para 2018, podendo beneficiarse organismos intermedios (clusters e centros tecnolóxicos) que organicen programas formativos nos que participen persoas vinculadas profesionalmente cunha Peme galega. Búscase así a especialización en eidos como a robótica, o tratamento masivo de información (big data), os vehículos autónomos, a conectividade (Internet das cousas), a ciberseguridade ou a Loxística 4.0.

Neste caso, as axudas cubrirán o 70% dos gastos no caso de que o organismo intermedio beneficiario cumpra as condicións de pequena empresa, do 60% no caso de mediana empresa e do 50% nos restantes casos. Trátase da terceira convocatoria deste programa para o que o prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do 2 de xaneiro de 2018.

Deste xeito, a Xunta avanza no desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, impulsando a implantación da industria conectada -a fábrica intelixente- e incrementando o seu peso no PIB ata 2020. Do desenvolvemento do primeiro plan bienal da Axenda 4.0 beneficiáronse 4.200 empresas, e para o segundo plan (2017-2018) cóntase cunha dotación orzamentaria de 175 millóns de euros para seguir avanzando na modernización do tecido produtivo galego.

 

O Goberno galego destina preto de 6 millóns en novas axudas para apoiar proxectos de dixitalización do tecido empresarial e impulsar a formación na Industria 4.0 de 1.000 traballadores e mandos intermedios. En 2018 levaranse a cabo catro convocatorias para facilitar proxectos dixitais, nos que terán prioridade as iniciativas colectivas formadas por grupos de empresas. Con estas medidas a Consellería de Economía, Emprego e Industria, favorece os investimentos e a especialización en ámbitos como a robótica, o big data, vehículos autónomos, Internet das cousas ou ciberseguridade.

 

A través do Igape, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, destina preto de 6 millóns de euros a proxectos colectivos de dixitalización que beneficien a 100 Pemes galegas, así como formación en tecnoloxías, procesos e metodoloxías da Industria 4.0, para achegar coñecementos a 1000 traballadores e mandos intermedios. Estas novas convocatorias (DOG 28 de decembro de 2017) favorecerán conxuntamente a mobilización de máis 10 millóns de euros.

 

A Xunta promove proxectos colectivos de dixitalización nas Pemes, destinando 5 millóns de euros a apoiar investimentos ao abeiro da Axenda Industria 4.0 e contando con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). O obxectivo é potenciar a posta en marcha de sistemas informáticos que aporten valor ás empresas: tanto proxectos colectivos de soporte a procesos sectoriais multiempresa como proxectos individuais de intelixencia artificial e de conectividade inter e intraempresarial.

 

Á realización de obradoiros para a xeración de proxectos colaborativos de dixitalización, financiados ao 100% co novo programa, súmanse as axudas a investimentos dixitais que poderán cubrir ata o 30%, no caso das pequenas empresas, e ao 20% para as medianas, se ben os gastos de colaboracións externos necesarios poderán contar con apoios do 50%. O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2018 no caso de obradoiros e ata o 28 de febreiro no das axudas a investimentos en dixitalización. Haberá catro convocatorias ao longo do 2018.

 

Terán prioridade os proxectos colectivos formados por grupos de empresas e que, de maneira opcional, poden estar coordinadas por un organismo intermedio. A Xunta reforza con esta iniciativa a súa aposta por un modelo de peme 4.0, dixital, innovadora e exportadora. Reforza e complementa así as convocatorias de axudas para impulsar investimentos 4.0, que se activarán por terceira vez en 2018 e que xa teñen beneficiado a 70 empresas con máis de 15 millóns de euros en investimentos.

 

 

Pola súa banda, os proxectos de capacitación en xestión e organización empresarial van achegar formación no eido 4.0 a 1.000 profesionais, traballadores e mandos intermedios, que se formarán en organización industrial, liderado de proxectos, protocolos de cooperación interempresarial, utilización de ferramentas de (intelixencia empresarial) e de vixilancia tecnolóxica, co-creación de produtos, novos modelos de negocio e eficiencia enerxética.

 

Estas axudas á formación 4.0 contan cun orzamento de 700.000 euros para 2018, podendo beneficiarse organismos intermedios (clusters e centros tecnolóxicos) que organicen programas formativos nos que participen persoas vinculadas profesionalmente cunha Peme galega. Búscase así a especialización en eidos como a robótica, o tratamento masivo de información (big data), os vehículos autónomos, a conectividade (Internet das cousas), a ciberseguridade ou a Loxística 4.0.

 

Neste caso, as axudas cubrirán o 70% dos gastos no caso de que o organismo intermedio beneficiario cumpra as condicións de pequena empresa, do 60% no caso de mediana empresa e do 50% nos restantes casos. Trátase da terceira convocatoria deste programa para o que o prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do 2 de xaneiro de 2018.

 

Deste xeito, a Xunta avanza no desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, impulsando a implantación da industria conectada -a fábrica intelixente- e incrementando o seu peso no PIB ata 2020. Do desenvolvemento do primeiro plan bienal da Axenda 4.0 beneficiáronse 4.200 empresas, e para o segundo plan (2017-2018) cóntase cunha dotación orzamentaria de 175 millóns de euros para seguir avanzando na modernización do tecido produtivo galego.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments