Monday, 08 January 2018 12:16

A Xunta organiza un ciclo formativo para afondar nas vantaxes dos servizos do programa ReAcciona

Os webinars do programa ReAcciona do Igape levaranse a cabo entre os días 9 de xaneiro e 6 de abril e poderanse seguir vía streamming. As xornadas formativas están especialmente dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos xestores en empresas de calquera sector. O programa ReAcciona apoia ás Pemes no desenvolvemento de proxectos de mellora en ámbitos de xestión como o financeiro, produción, comercial ou de deseño estratéxico. A nova convocatoria do ReAcciona abrirase á presentación de solicitudes dende o vindeiro 5 de febreiro.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018.- A Xunta, a través do Igape, organiza un ciclo de catro seminarios web onde se informará sobre os servizos ofertados polo programa ReAcciona, dando a coñecer as vantaxes de actuacións en ámbitos como o relanzamento comercial, a mellora da imaxe e da comunicación ou a optimización financeira, da man dos propios axentes que prestan os servizos.

Os seminarios celebraranse sempre en horario de 9:30 a 10:30, servirán para difundir as posibilidades e o potencial dos servizos ReAcciona e finalizarán cunha rolda de preguntas. O próximo martes, 9 de xaneiro, será o primeiro evento formativo, que se centrará nos servizos de profesionalización, temática que se tratará tamén o 9 de marzo. O 9 de febreiro e o 6 de abril, cando será o último, afondarase nos servizos de desenvolvemento estratéxico.

As xornadas están especialmente dirixidas a persoal directivo e responsables dos departamentos xestores en empresas de calquera sector de actividade (xerencia, compras, produción, finanzas etc.). Para asistir cómpre inscribirse no enderezo de correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2030).

Logo da boa acollida das convocatorias de servizos ReAcciona nos últimos meses de 2017, activaranse novas convocatorias en febreiro e maio deste ano. O novo prazo de solicitudes ábrese o vindeiro 5 de febreiro. Posteriormente, haberá unha nova convocatoria en abril.

O programa ReAcciona é un dos instrumentos cos que a Xunta está a traballar na mellora da competitividade do tecido empresarial ao abeiro da Axenda Galicia-Industria 4.0, coa que se prevé incrementar ata o 20% o peso da industria no PIB, impulsando a creación de 50.000 empregos na industria ata 2020. O programa, cofinanciado ao 80% con fondos Feder, apoia ás pemes galegas na profesionalización dos seus equipos directivos e nos plans de xestión e desenvolvemento estratéxico para o seu crecemento ou internacionalización.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments