Tuesday, 13 February 2018 00:00

A Xunta destaca os proxectos 4.0 das empresas de alimentación como claves da súa mellora competitiva e internacionalización

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou hoxe as instalacións das empresas Kiwi Atlántico e Martín Códax, e salientou a implicación das empresas alimentarias galegas cos investimentos no ámbito 4.0, co incremento da calidade dos seus produtos e a súa exportabilidade. Destaca o labor do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) na coordinación e impulso a proxectos colectivos que está a apoiar a Xunta de Galicia tanto no ámbito da fábrica intelixente como no da promoción das exportacións. As vendas ao exterior de produtos agroalimentarios galegos subiron o pasado ano nun 10%, ata superar os 2.600 millóns de euros.

Cambados (Pontevedra), 13 de febreiro de 2018.- O director do Igape, Juan Cividanes, salientou hoxe en Cambados a importancia do bo traballo que están a realizar as empresas galegas do sector alimentario como clave da positiva evolución do sector, e puxo como exemplo a empresa Kiwi Atlántico e as adegas Martín Códax, comprometidas coa innovación e a Industria 4.0. Destacou tamén o papel do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) como dinamizador da actividade das empresas e catalizador das políticas de mellora competitiva e de internacionalización da Xunta.

Cividanes subliñou o apoio da Xunta, a través do Igape, para avanzar na mellora da competitividade sectorial mediante o apoio aos investimentos no ámbito 4.0. Tres empresas do sector de alimentación, contando coa colaboración e o impulso de Clusaga, desenvolveron investimentos 4.0 ao abeiro da anterior convocatoria: Innolact, Kiwi Atlántico e Bodegas Martín Códax. Outras cinco empresas do sector contan con axudas do Igape para incorporar solucións intelixentes na segunda convocatoria para apoiar investimentos 4.0 –agora en execución– na cadea de valor de alimentos e bebidas, mellorando procesos de produción, o envasado ou a trazabilidade.

O obxectivo destas visitas é coñecer de primeira man os resultados dos investimentos 4.0 que se están a facer na industria galega, para avaliar posibles melloras de cara á próxima convocatoria que se publicará despois do verán. Cividanes recalcou a importancia de concentrar apoios para dispoñer en Galicia de novos proxectos que contribúan á diversificación de sectores, con formación e persoas 4.0, que se impliquen na optimización dos procesos produtivos.

As empresas do sector alimentario, indicou Cividanes, están a aplicar tecnoloxías 4.0 nos procesos empresariais, e destacou o caso de Martín Códax con solucións dixitais nunha liña intelixente de envasado de bebidas, e o desenvolvemento dun sistema non invasivo para determinar a calidade do froito e clasificalo automáticamente, no caso de Kiwi Atlántico. Estas experiencias, engadiu o director do Igape, serven para que novas empresas alimentarias aposten por investir no eido da fábrica intelixente.

O director apuntou que na actualidade son xa 75 as empresas e organismos intermedios que desenvolveron ou están a desenvolver investimentos 4.0 que mobilizan máis de 15 millóns de euros na industria galega de sectores como o da automoción, o aeronáutico, o do metal ou o da madeira, ademais do agroalimentario.

Ademais, lembrou as convocatorias activadas para apoiar programas de formación no eido 4.0 ou para promover talleres de dixitalización e solicitar axudas para incorporar solucións e tecnoloxías de dixitalización nas pemes galegas.

Cividanes salientou igualmente a implicación dos clusters e organismos intermedios en programas como Galicia Exporta, que están a ser claves para soster a boa marcha das exportacións galegas. De feito, as vendas ao exterior de produtos agroalimentarios sumaron ata novembro do pasado ano 2.624 millóns de euros, un 10% máis que no mesmo período do ano anterior.

 

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou hoxe as instalacións das empresas Kiwi Atlántico e Martín Códax, e salientou a implicación das empresas alimentarias galegas cos investimentos no ámbito 4.0, co incremento da calidade dos seus produtos e a súa exportabilidade. Destaca o labor do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) na coordinación e impulso a proxectos colectivos que está a apoiar a Xunta de Galicia tanto no ámbito da fábrica intelixente como no da promoción das exportacións. As vendas ao exterior de produtos agroalimentarios galegos subiron o pasado ano nun 10%, ata superar os 2600 millóns de euros.

 

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou hoxe en Cambados a importancia do bo traballo que están a realizar as empresas galegas do sector alimentario como clave da positiva evolución do sector, e puxo como exemplo a empresa Kiwi Atlántico e as adegas Martín Códax, comprometidas coa innovación e a Industria 4.0. Destacou tamén o papel do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) como dinamizador da actividade das empresas e catalizador das políticas de mellora competitiva e de internacionalización da Xunta.

 

Cividanes subliñou o apoio da Xunta, a través do Igape, para avanzar na mellora da competitividade sectorial mediante o apoio aos investimentos no ámbito 4.0. Tres empresas do sector de alimentación, contando coa colaboración e o impulso de Clusaga, desenvolveron investimentos 4.0 ao abeiro da anterior convocatoria: Innolact, Kiwi Atlántico e Bodegas Martín Códax. Outras cinco empresas do sector contan con axudas do Igape para incorporar solucións intelixentes na segunda convocatoria para apoiar investimentos 4.0 –agora en execución– na cadea de valor de alimentos e bebidas, mellorando procesos de produción, o envasado ou a trazabilidade.

 

O obxectivo destas visitas é coñecer de primeira man os resultados dos investimentos 4.0 que se están a facer na industria galega, para avaliar posibles melloras de cara á próxima convocatoria que se publicará despois do verán. Cividanes recalcou a importancia de concentrar apoios para dispoñer en Galicia de novos proxectos que contribúan á diversificación de sectores, con formación e persoas 4.0, que se impliquen na optimización dos procesos produtivos.

 

As empresas do sector alimentario, indicou Cividanes, están a aplicar tecnoloxías 4.0 nos procesos empresariais, e destacou o caso de Martín Códax con solucións dixitais nunha liña intelixente de envasado de bebidas, e o desenvolvemento dun sistema non invasivo para determinar a calidade do froito e clasificalo automáticamente, no caso de Kiwi Atlántico. Estas experiencias, engadiu o director do Igape, serven para que novas empresas alimentarias aposten por investir no eido da fábrica intelixente.

 

O director apuntou que na actualidade son xa 75 as empresas e organismos intermedios que desenvolveron ou están a desenvolver investimentos 4.0 que mobilizan máis de 15 millóns de euros na industria galega de sectores como o da automoción, o aeronáutico, o do metal ou o da madeira, ademais do agroalimentario.

 

Ademais, lembrou as convocatorias activadas para apoiar programas de formación no eido 4.0 ou para promover talleres de dixitalización e solicitar axudas para incorporar solucións e tecnoloxías de dixitalización nas pemes galegas.

 

Cividanes salientou igualmente a implicación dos clusters e organismos intermedios en programas como Galicia Exporta, que están a ser claves para soster a boa marcha das exportacións galegas. De feito, as vendas ao exterior de produtos agroalimentarios sumaron ata novembro do pasado ano 2624 millóns de euros, un 10% máis que no mesmo período do ano anterior.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments