Thursday, 05 April 2018 10:56

Comeza a terceira edición do coworking que impulsará en Santiago 22 novos proxectos vinculados ás industrias culturais

Os emprendedores contarán con asesoramento especializado e titoría personalizada no espazo habilitado na Cidade da Cultura, onde se aceleraron máis de corenta novos proxectos nas dúas edicións anteriores. Na presente edición deste espazo de emprendemento impulsarase, de novo, a posta en marcha de proxectos no ámbito das industriais culturais e educativas ou actividades baseadas nas TIC.

 

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018.- Esta tarde comezou na Cidade da Cultura a terceira edición do coworking de Santiago no que os promotores de 22 proxectos de emprendemento recibirán formación e asesoramento personalizado durante cinco meses. Como nas pasadas edicións, os emprendedores desenvolverán actividades empresariais centradas nas industrias culturais e educativas ou baseadas nas TIC.

Esta aceleradora de proxectos empresariais forma parte da rede de espazos creados pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), co obxecto de favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, e contribuír á posta en marcha e consolidación de novas iniciativas emprendedoras.

Nas anteriores edicións do de Santiago foron 44 os proxectos desenvolvidos na aceleradora. Ademais de recibir asesoramento a medida sobre a posta en marcha das empresas, os emprendedores da edición que agora comeza terán a oportunidade de coñecer polo miúdo os instrumentos de apoio dos que disporán para a consolidación dos seus proxectos empresariais unha vez rematado o seu período formativo.

Nos próximos días darán comezo tamén as accións de formación e asesoramento nos espazos de Ferrolterra, Ribeira Sacra, Mariña lucense, Costa da Morte, e Celanova e Terras da Limia, aos que asistirán os emprendedores que promoven en conxunto 130 novos proxectos empresariais. Mentres tanto, está a punto de rematar a primeira edición dos coworking habilitados en San Cibrao de Viñas, centrado no sector forestal-madeira, e en Vilanova de Arousa, para iniciativas de alimentación e turismo; en cada un destes espazos, para os que os emprendedores xa poden solicitar a participación na segunda edición, desenvolvéronse unha vintena de proxectos empresarias.

Ademais desta iniciativa formativa e de asesoramento, a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon a disposición dos emprendedores, a través do Igape, servizos como a Rede Galega de Mentores, e instrumentos de apoio que inclúen axudas directas a través de programas como Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende, os novos préstamos directos habilitados polo Igapea través dos Instrumentos Financeiros Innovadores, ou o financiamento a través de fondos de capital Risco como o Galicia Iniciativas Emprendedoras que coordina Xesgalicia.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments