Friday, 14 December 2018 12:57

A Xunta impulsa o emprendemento a través de programas que apoian a formación, o asesoramento e o financiamento de novos proxectos empresariais

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta tarde na entrega dos Premios Xove Empresario e Xove Emprendedor organizados por AJE Vigo. A Xunta fomenta o emprendemento innovador mediante programas como o Galicia Emprende e a plataforma StartIN na que se enmarcan os espazos coworking e a rede de aceleradoras.

Vigo, 13 de decembro de 2018.- O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta tarde na entrega dos XIII Premios Xove Empresario e Xove Emprendedor organizados pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo (AJE), onde destacou o compromiso da Consellería de Economía, Emprego e Industria co apoio á cultura emprendedora, que a través de programas como o Galicia Emprende facilitan -mediante formación, asesoramento e financiamento- o deseño, a consolidación e a internacionalización de novos proxectos empresariais.

Cividanes subliñou que é un bo momento para o emprendemento e que estes galardóns, que chegan este ano a súa decimoterceira edición, mostran a saúde desta iniciativa que xa é todo un referente para os mozos da provincia de Pontevedra, e tamén puxo de relevo o convenio de colaboración existente entre o Igape e a Federación Galega de Xóvenes Empresarios (FEGAXE), que ten como obxectivo desenvolver programas que complementan a actividade do Igape en apoio ás persoas emprendedoras.

Ao abeiro deste convenio, asinado en setembro de 2016, desenvólvense os programas Xove empresario emprende, Xove empresario aprehende e Xove empresario comparte, mediante os cales se levan a cabo accións de formación, difusión e sensibilización, ademais de encontros entre emprendedores e novos empresarios. Durante os anos 2016 e 2017 realizáronse 21 actuacións, ás que asistiron 675 persoas.

Os programas de apoio ao emprendemento postos en marcha pola Xunta, a través do Igape, facilitan formación e asesoramento especializado aos emprendedores, como o Galicia Emprende e o Galicia Rural Emprende e a plataforma StartIN que, mediante a rede de espazos coworking e a rede de aceleradoras, leva impulsado nos últimos cinco anos 900 proxectos innovadores. Ademais as iniciativas empresariais de nova creación teñen á súa disposición instrumentos de financiamento habilitados por Xesgalicia e o Igape.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments