Actualidade

Mondoñedo acolleu hoxe o demoday da cuarta edición da aceleradora promovida pola Consellería de Economía Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI). O Goberno galego dispón de servizos e liñas de axuda para consolidar os plans dos 23 novos empresarios, como os programas Galicia Emprende e diversos instrumentos de financiamento. Entre as actividades que participaron na iniciativa destacan proxectos de agroalimentación, a transformación industrial de produtos básicos e os servizos tecnolóxicos en sectores diversos. O coworking mindoniense apoiou desde 2016 un total de 62 plans de emprendemento dos que xa están en marcha máis da metade.

Un total de 24 emprendedores participaron na cuarta edición da aceleradora, que promove a Xunta coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI). Os novos empresarios ofrecen produtos e servizos que revalorizan os recursos do territorio e inciden na implantación de tecnoloxías 4.0. Entre as actividades impulsadas resaltan as enfocadas a servizos culturais e formativos, audiovisuais, de deseño industrial ou a produción agroalimentaria sostible. O espazo de aceleración ferrolán apoiou desde 2016 un total de 87 plans de emprendemento dos que 38 xa están en marcha.

Cabana de Bergantiños acolleu hoxe a presentación das iniciativas emprendedoras desenvoltas na aceleradora, na que colaboran a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI). Os 23 novos empresarios escolleron ámbitos de actividade como novos servizos relacionados co transporte, o soporte á dixitalización da construción e a enxeñaría, a agroalimentación e a industria da saúde, entre outros. Os participantes contaron con asesoramento especializado e titoría personalizada no centro social do municipio coruñés, onde se levan acelerado máis de 80 plans empresariais dos que 29 xa están en marcha, con 43 postos de traballo vinculados.

A localidade ourensá acolleu hoxe o demoday da cuarta edición da aceleradora da Limia, impulsada pola Consellería de Economía Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI). Os novos empresarios poden seguir contando cos servizos e liñas de axuda da Administración autonómica. Entre as actividades que participaron na iniciativa inclúense proxectos vinculados aos sectores téxtil, agroalimentario, turístico e de servizos. O coworking de Celanova apoiou desde 2016 un total de 82 plans de emprendemento dos que 45 xa están en marcha.

 

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe na Cidade da Cultura na clausura da aceleradora, onde 24 emprendedores presentaron as súas iniciativas que apoia a Administración autonómica coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI). Salienta que os novos empresarios apostan pola calidade dos seus produtos e servizos e pola implantación de tecnoloxías 4.0. Entre as actividades escollidas polos participantes desta cuarta edición resaltan as enfocadas a servizos tecnolóxicos, audiovisuais ou do sector da moda.