Actualidade

O director do Igape, Javier Aguilera, presenta a iniciativa ENTIC, que conta co Instituto como xefe de filas e co Inega como socio de referencia. Salienta que o proxecto servirá para apoiar a transición das pemes cara a modelos enerxéticos sostibles baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación, estimulando novas oportunidades de negocio e emprego.

Representantes de doce clusters galegos aprenden metodoloxías validadas pola Comisión Europea, que serán aplicadas na procura de novos nichos de negocio en empresas galegas con potencial para diversificar a súa actividade. Galicia está a ser pioneira na aplicación deste tipo de ferramentas que facilitan a análise das cadeas de valor e a identificación de novas oportunidades.

Máis de 260 emprendedores tiveron xa a oportunidade de avaliar os seus proxectos con titores expertos contratados pola Xunta durante os últimos tres meses a través dos seminarios promovidos pola Unidade Galicia Emprende. Este impulso incardínase no marco da nova Lei do Emprendemento, e inclúe varias convocatorias de apoio financeiro a emprendedores como o Fondo Galicia Emprende, que mobilizará 12 millóns na creación de empresas, ou o programa Galicia Emprende, con apoios que poden cubrir ata o 50% do investimento.

 O director do Igape, Javier Aguilera, reuniuse no Porriño con representantes das compañías agrupadas en IS Group para acelerar a súa internacionalización no país africano. O obxectivo do proxecto é mellorar o seu volume de negocios aplicando o seu coñecemento á crecente industria de automoción e aeronáutica que se está a desenvolver no norte de Marrocos. O programa de Economía e Industria para impulsar as primeiras implantacións conxuntas de empresas galegas no exterior prevé mobilizar este ano 6 millóns de euros.

O director do Igape, Javier Aguilera, anima aos 18 seleccionados no programa de bolsas de promoción exterior a sacar o máximo proveito da experiencia, que facilitará a súa futura inserción laboral como especialistas en internacionalización. Colaborarán na proxección exterior das pemes galegas desde mercados como Estados Unidos, México, Colombia, Brasil, Reino Unido, Marrocos, Rusia ou China.