Actualidade

 O director do Igape, Javier Aguilera, reuniuse no Porriño con representantes das compañías agrupadas en IS Group para acelerar a súa internacionalización no país africano. O obxectivo do proxecto é mellorar o seu volume de negocios aplicando o seu coñecemento á crecente industria de automoción e aeronáutica que se está a desenvolver no norte de Marrocos. O programa de Economía e Industria para impulsar as primeiras implantacións conxuntas de empresas galegas no exterior prevé mobilizar este ano 6 millóns de euros.

O director do Igape, Javier Aguilera, anima aos 18 seleccionados no programa de bolsas de promoción exterior a sacar o máximo proveito da experiencia, que facilitará a súa futura inserción laboral como especialistas en internacionalización. Colaborarán na proxección exterior das pemes galegas desde mercados como Estados Unidos, México, Colombia, Brasil, Reino Unido, Marrocos, Rusia ou China.

 O director do Igape, Javier Aguilera, participa nun encontro de traballo con empresarios composteláns organizado en colaboración co Círculo de Empresarios de Galicia e coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre. Salienta que se destinan máis de 20 millóns de euros a través das convocatorias xa publicadas, e adianta que se están a deseñar outras liñas financeiras complementarias.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou hoxe as instalacións da compañía arturo alvarez, que prevé implantarse este ano en Estados Unidos co apoio da Consellería de Economía e Industria. A empresa de Vedra destina o 80% da súa produción á exportación, e forma parte do Club de Marcas con Alto Potencial Internacional (Mapi). O Igape ten convocadas na actualidade convocatorias de axudas por máis de 5 millóns de euros para a contratación de xestores de internacionalización e para facilitar a implantación promocional no exterior ao abeiro do Plan Primex.

 O director xeral do Igape abriu a primeira xornada formativa cos bolseiros que participarán na implantación de proxectos de mellora no tecido empresarial e que se especializarán en cooperación empresarial, competitividad ou internacionalización. Javier Aguilera destaca que xa foron contratados por empresas un terzo dos titulados que remataron o seu período como bolseiros Reacciona ao abeiro da convocatoria anterior.