Actualidade

O titular de Economía e Industria foi o encargado de presentar á conselleira delegada do Icex, Coriseo González-Izquierdo, nun coloquio organizado por APD. O conselleiro salienta que a Xunta está a impulsar a colaboración entre empresas e administracións para seguir avanzando de xeito eficiente na internacionalización do tecido empresarial galego.

O obxectivo é impulsar clusters xestionados de xeito eficiente e capaces de actuar como pancas de desenvolvemento da economía a través da innovación e da internacionalización. Nos cursos participaron 24 xerentes e técnicos dos clusters de automoción, alimentación, naval, xeotermia, TIC, audiovisual, téxtil, termal, acuicultura e loxística.

A rede impulsada pola Consellería de Economía e Industria conta na actualidade con 108 mentores expertos e comprometidos para compartir, de balde, coñecemento e experiencia con novos empresarios. Xunto co programa Re-Acciona, a rede conforma un conxunto de servizos de valor engadido para impulsar a mellora competitiva das pemes galegas. O Igape dispón dun completo abano de servizos e axudas para apoiar o deseño, posta en marcha, consolidación e desenvolvemento dos proxectos impulsados por novos emprendedores.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou na apertura da xornada sobre posibilidades de financiamento da UE para as empresas, organizada pola CEG, e salientou os instrumentos financeiros da Xunta de Galicia. Adiantou as liñas xerais do marco de apoio comunitario para o período 2014-2020, que se vai centrar na promoción do espírito empresarial e nas accións de impulso de instrumentos financeiros retornables para facilitar a posta en marcha das novas iniciativas empresariais.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou na sesión inaugural da III convención de colectivos de autónomos de Galicia que se desenvolve hoxe en Bergondo. Aguilera salientou que o colectivo pode acollerse aos servizos e axudas da Consellería de Economía e Industria para impulsar investimentos ou desenvolver proxectos de mellora da súa competitividade ou internacionalización.