Actualidade

O director do Instituto Galego de Promoción Económica presentou en Braga os resultados acadados por este programa europeo transfronteirizo liderado polo Instituto. Máis de 250 emprendedores e empresas participaron nos talleres especializados en xestión de empresas biotecnolóxicas. 35 bioemprendedores de Galicia e do Norte de Portugal recibiron asesoramento para trasladar ao mercado as súas ideas.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reuniuse con directivos da firma de Lalín, que vén de solicitar a implantación de servizos avanzados de mellora competitiva, no marco do Plan ReAcciona. A empresa téxtil deseña e produce nas súas instalacións e exporta a mercados exteriores como Francia, Portugal, Reino Unido, México ou Rusia.

bolseiros3O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou a oportunidade profesional que ofrece este programa aos seleccionados entre preto de 700 solicitantes, que participarán na implantación dos servizos avanzados que ofrece o plan Reacciona ás pemes para obter melloras competitivas concretas. Os seleccionados incorporaranse progresivamente, en función dos servizos solicitados polas empresas e das súas titulacións, para procurar a maior especialización e eficacia do Programa.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destaca que o obxectivo é favorecer a actividade empresarial apoiando a posta en marcha de proxectos innovadores impulsados por empresarios ou autónomos con actitude emprendedora. Dentro dos planes Impulsa, o programa garante axudas mínimas do 25% para os proxectos de Lugo, Ourense, Ferrolterra e Costa da Morte, dez puntos máis que no resto.

A plataforma empresarial do Reino Unido é unha das postas en marcha recentemente, xunto coa de Nova York. Reino Unido e Estados Unidos son dous dos principais socios exteriores cos que conta Galicia, e constitúen dous mercados potentes nos que os empresarios galegos queren seguir avanzando.