Actualidade

 O director do Igape, Javier Aguilera, destaca que as axudas que veñen de aprobarse permiten a creación de máis de 160 empregos en sectores como o alimentario, o comercio ou os servizos. Dentro do forte estímulo ó emprendemento que está a realizar a Consellería de Economía e Industria, os novos empresarios poden acceder tamén a fondos de capital risco e programas de préstamos directos ou con xuros bonificados. A través da Unidade Galicia Emprende achégase aos emprendedores galegos asesoramento especializado para a posta en marcha dos seus proxectos.

O director do Instituto, Javier Aguilera, destaca que se duplican as axudas concedidas no programa para a modernización de equipamentos no sector servizos. Os proxectos apoiados permitirán a creación ou mantemento de máis de 1.700 postos de traballo en áreas de actividade como a as TIC e a informática, a enxeñaría, o turismo ou o medio ambiente. Ao abeiro da nova Lei do Emprendemento prímanse os proxectos de empresas de menos de 42 meses en funcionamento, unha de cada catro beneficiarias.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións en Moraña de ambas compañías, que empregan conxuntamente a 261 traballadores. Destaca o papel do Instituto como xanela única da internacionalización empresarial para facilitar asesoramento, servizos e apoios, tanto en orixe coma en destino, en todas as fases de internacionalización das empresas galegas. Celtic Estores e Vertifil forman parte do grupo familiar galego Celtic Group, que factura arredor de 50 millóns de euros e conta con outros centros produtivos en Cataluña, Italia e Estados Unidos.

O director do Igape, Javier Aguilera, participa nunha xornada técnica sobre un mercado ao que xa exportan máis 400 empresas galegas. As exportacións galegas a este país norteamericano sumaron o ano pasado máis de 222 millóns de euros, un 40% máis que o ano anterior. México é o mercado internacional onde se están a desenvolver un maior número de proxectos de cooperación apoiados a través do programa Primex.

O director xeral do instituto, Javier Aguilera, destacou que esta pioneira liña, que ven de ser activada, conta cunha dotación inicial de 8 millóns de fondos Feder. Financiarase ata o 70% dos proxectos de novos investimentos, ampliación de instalacións ou diversificación da produción con préstamos de ata 1 millón. A liña encádrase no programa de financiamento empresarial Galicia 1000, co que a Xunta apoiará 1.000 novos proxectos empresariais mobilizando 200 millóns.