Actualidade

bolseiros3O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou a oportunidade profesional que ofrece este programa aos seleccionados entre preto de 700 solicitantes, que participarán na implantación dos servizos avanzados que ofrece o plan Reacciona ás pemes para obter melloras competitivas concretas. Os seleccionados incorporaranse progresivamente, en función dos servizos solicitados polas empresas e das súas titulacións, para procurar a maior especialización e eficacia do Programa.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destaca que o obxectivo é favorecer a actividade empresarial apoiando a posta en marcha de proxectos innovadores impulsados por empresarios ou autónomos con actitude emprendedora. Dentro dos planes Impulsa, o programa garante axudas mínimas do 25% para os proxectos de Lugo, Ourense, Ferrolterra e Costa da Morte, dez puntos máis que no resto.

A plataforma empresarial do Reino Unido é unha das postas en marcha recentemente, xunto coa de Nova York. Reino Unido e Estados Unidos son dous dos principais socios exteriores cos que conta Galicia, e constitúen dous mercados potentes nos que os empresarios galegos queren seguir avanzando.

A través do programa Innoempresa, que este ano inclúe apoios de especial intensidade para os proxectos que se comprometan á creación de emprego, especialmente para membros dos colectivos de máis difícil acceso ao mercado laboral. Tamén se valorarán de xeito especial os proxectos localizados nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte, que teñen maiores posibilidades de acceder aos apoios. O prazo para a presentación de solicitudes polas empresas interesadas será dun mes.

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Ceg organizaron un encontro e un taller "export networking" coa plataforma da rede Pexga para favorecer a apertura das empresas galegas a este mercado en crecemento. A Plataforma Pexga en Rusia desenvolveu arredor de trescentas accións ao servizo das empresas galegas. O director da oficina da Pexga en Rusia mantivo encontros e entrevistas individuais con representantes das setenta empresas ou asociacións empresariais interesadas.