Actualidade

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución da última convocatoria das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras, que reforza a actividade de 11 entidades. A liña de axudas facilita o impulso tecnolóxico, a innovación e a captación de novas empresas mediante o fortalecemento das asociacións sectoriais. Desenvolverán plans de formación e actividades orientadas ao fomento da dixitalización e a internacionalización das pemes, cunha previsión de mobilización de 5 millóns de euros.

O director do Igape, Juan Cividanes, participou en Porto nun encontro da Subcomisión sectorial de desenvolvemento económico da Eurorrexión. A Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Industria luso abordan a cooperación nese eido para acadar medidas comúns de impulso da competitividade. A reunión é preparatoria do cume galaico-portugués sobre o futuro industrial e a cooperación económica que se celebrará o vindeiro ano en Galicia.

O director do Igape, Juan Cividanes, interveu na apertura dunha xornada técnica con oito empresas mexicanas e chilenas promovida polo Clúster TIC e apoiada polo programa Galicia Exporta. Un total de 20 empresas TIC de Galicia están implantadas en México, principal mercado en América Latina, e outras oito delas están enfocando as súas exportacións cara ese destino. O pasado ano 825 empresas galegas exportaron a estes dous países latinoamericanos cun valor de vendas de case 446 M€.

O director do Igape, Juan Cividanes, destaca nunha visita á empresa arzuana que os investimentos na fábrica intelixente reforzan o tecido empresarial galego. Resalta o compromiso da compañía, que emprega a 89 persoas, na mellora tecnolóxica dos procesos produtivos, co apoio das axudas á dixitalización da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O director do Igape, Juan Cividanes, inaugurou en Santiago a xornada ‘Reinvéntate Galicia’, organizada pola Asociación Española de Directivos (AED), na que se analizaron os retos da Cuarta Revolución Industrial. Salienta que a Axenda 4.0 desenvolta pola Consellería de Economía, Emprego e Industria se anticipa aos cambios co reforzo dos programas activos e a incorporación doutros novos. Hoxe péchase en Vilagarcía de Arousa o ciclo de encontros ‘Industria e Empresa 4.0. As claves da empresa intelixente’, que afondou na transformación do tecido produtivo.