Actualidade

Maite Cancelo, a directora da sociedade do Igape BIC Galicia, explicou polo miúdo os servizos gratuítos que facilita a entidade para apoiar o desenvolvemento de proxectos empresariais por novos emprendedores e para asistir aos novos empresarios nas fases de consolidación e crecemento das súas iniciativas. O secretario xeral do Igape, Javier Álvarez Barbeito, explicou os apoios financeiros que facilita o Igape neste ámbito e salientou o apoio a 532 proxectos impulsados por microempresas ou emprendedores durante 2010.

O conselleiro de Economía e Industria presentou o Global Entrepreneurship Monitor para Galicia e valorou como "moi positivo" o incremento do 5,3% na taxa creación de empresas en Galicia, con 3.836 novas sociedades mercantís no 2010. O programa de apoio á iniciativa emprendedora de Economía e Industria permitiu aprobar axudas por valor de 4 millóns de euros para mobilizar investimentos próximos aos 30 millóns de euros e habilitar dous fondos de capital risco, dotados en total con 3,3 millóns de euros.

O re-Solve+ mellora sensiblemente ao estenderse a todas as microempresas e pemes galegas para cubrir operacións de financiamento de ata 300.000 euros. As axudas deste programa, aberto á presentación de solicitudes ata o próximo 15 de setembro, acollerán operacións financeiras avaladas nun 100%. O obxectivo é que o tecido empresarial poida acceder ao crédito que precisan para o seu financiamento operativo e mellorar os seus niveis de competitividade.

O conselleiro de Economía e Industria participou hoxe unha xornada sobre o Mercado Alternativo Bolsista, que consideró como unha alternativa interesante para o crecemento das empresas galegas. O Igape ten habilitado un programa pioneiro de axudas para facilitar a análise das empresas galegas que desexan avaliar as súas posibilidades de acceso a este Mercado. A Xunta ofrece además bonificacións fiscais que permiten deducións do 20% das cotas investidas en accións vía MAB, na asignación autonómica do IRPF.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou na Laracha o Plan para activar a actividade económica desta zona con axudas que superan os 25 millóns de euros. O Plan Revive inclúe subvencións e préstamos para apoiar os grandes investimentos empresariais e os investimentos impulsados polas pemes e os emprendedores. O obxectivo fundamental é dinamizar os investimentos produtivos nos concellos da Costa da Morte e crear riqueza e emprego.