Deadline for submitting applications will end on 12/05/2014

AXUDAS PARA O FOMENTO E A CONSOLIDACIÓN DAS ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E DE SOCIEDADES LABORAIS (TR802H)

Purpose / Objective

A finalidade deste programa é o fomento e consolidación das estruturas representativas do cooperativismo e a economía social, en concreto das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos normais de funcionamento e a realización de actividades de promoción do cooperativismo e da economía social, así como a realización de actividades de emprendemento realizadas en rede.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

As asociacións de cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada. Para ser beneficiarias as entidades deberán estar ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos rexistros competentes.

a) As asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, as fundacións e asociacións, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais, así como outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

Investments or eligible costs

Actividades e gastos subvencionables.

Establécense tres modalidades de axuda: gastos normais de funcionamento, actividades de promoción do cooperativismo e a economía social e actividades en rede.

3.1. Gastos normais de funcionamento.

Poderán resultar subvencionables os gastos normais de funcionamento que se indican:

• Alugamentos e gastos de mantemento de locais e equipamentos.

• Gastos de persoal.

• Gastos de comunicacións (teléfono, internet, correo, mensaxaría e similares), material de oficina, e publicacións diversas.

• Mantemento da páxina web da asociación.

• Cotas asociativas a entidades de intercooperación de ámbito superior á Comunidade autónoma galega.

• Gastos de representación e participación en congresos, seminarios, xornadas e similares.

• Realización de asembleas e reunións.

• Servizos profesionais.

3.2. Como actividades de promoción do cooperativismo e a economía social, poderán ser obxecto de subvención as seguintes:

• Organización de cursos, xornadas, conferencias e simposios.

• Elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, manuais e folletos divulgativos, inéditos.

• Elaboración de proxectos de intercooperación e integración.

• Asistencia a feiras, mostras e congresos.

• Realización de procesos formativos de persoal responsable de titorías, especializado no asesoramento e acompañamento de proxectos.

• Calquera outra acción promocional que fomente o cooperativismo.

3.3. Na modalidade de actividades en rede, poderán resultar subvencionables as actividades de carácter informativo, formativo ou de asesoramento especialmente encamiñadas a fomentar o emprendemento cooperativo e a economía social, a través da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social. A título orientativo as actividades poderán consistir en:

• Realización de charlas divulgativas, visitas formativas, cursos e xornadas.

• Asesoramento a emprendedores e público en xeral.

• Elaboración e publicación de estudos e materiais divulgativos inéditos, que contribúan á potenciación das actividades da rede de centros.

Estas actividades realizaranse fundamentalmente nas instalacións que conforman a referida Rede e integrándose na súa programación nos termos previstos no Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento.

Amount of aid

A contía das axudas non poderá superar o 80 % dos gastos necesarios para a realización das actividades, que poderán contar, así mesmo, con outros financiamentos sen que en ningún caso excedan a contía realmente xustificada e non achegada pola Xunta de Galicia.

A contía máxima da subvención non poderá exceder dos cento cincuenta mil euros (150.000 €) por beneficiaria para a modalidade de gastos normais de funcionamento, oitenta mil euros (80.000 €) por beneficiaria para a modalidade de actividades de promoción do cooperativismo e a economía social e de cen mil euros (100.000 €) por beneficiaria para a modalidade de actividades en rede.

Establécense, así mesmo, os seguintes límites de subvención para as actividades que se indican a continuación:

• Actividades divulgativas e formativas de duración igual ou inferior a 10 horas: ata un máximo de 2.000 euros.

• Actividades divulgativas e formativas de duración superior a 10 horas: o límite será a contía resultante de multiplicar o número de horas de duración efectiva por 200 euros, ata un máximo de 4.000 euros.

• Asesoramento a emprendedores e público en xeral: ata un máximo de 20 euros por hora de atención e 20.000 euros por beneficiaria.

• Asistencia a feiras, mostras e congresos ata un máximo de 3.000 euros por beneficiaria.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

Incompatibility

En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos nesta orde.

Legislative Reference

Orde do 3 de abril de 2014 (DOG Nº71 do 11/04/2014) - Bases e convocatoria 2014

Information and processing in

Información e tramitación: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

Tlfno: 981.544 647 / 981. 544 784

http://traballoebenestar.xunta.es.

Observations

O período de execución de accións para o programa I será o comprendido entre o 1 de novembro de 2013 e o 31 de outubro de 2014.