El plazo de presentación finaliza el 31/10/2016

IG222 - APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN DO FNANCIAMENTO DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS PARA O APOIO AO CIRCULANTE (LIÑA 2)

Finalidad / Objetivo

Financiamento bonificado dirixido ás explotacións leiteiras galegas, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.

Tipos de apoyo

Axuda en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán acceder a estas liñas de financiamento as pequenas e medianas empresas.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.

En calquera caso, deberán desenvolver a actividade de explotación de gando bovino para a produción de leite e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia.

Deberán cumprir os requisitos dos artigo 10 e 11 da Lei de subvencións de Galicia, e non ser considerados empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise.

Sectores incentivables

Actividade de explotación de gando bovino para a produción de leite.

Requisitos principales del proyecto

APOIO AO CIRCULANTE

Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen, un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios.

Características das operacións de préstamo:

a) Modalidade: Préstamos.

b) Importe: O importe mínimo atendible será de 3.000 euros.

c) Prazo: Serán atendibles, os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a 3 anos e un máximo de 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de dous anos.

d) Tipo de xuro: O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo ou variable.

No caso de tipo de xuro fixo, este será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso, poida exceder do 4 %. No caso de contar con aval dunha SGR, non poderá superar o 3%.

No caso de tipo de xuro variable, o tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o Euribor a 6 meses + tipo adicional pactado entre as partes (sen que en ningún caso poida exceder de 3 puntos porcentuais). As revisións faranse semestralmente.

e) Comisións: As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 euros. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán cobrar ao cliente ata o 0,5% en concepto de comisión de estudo, ata o 1% en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado e ata o 4% do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez remate a súa relación coa SGR.

f) Garantías:

A garantía a favor das entidades financeiras serán as aportadas pola prestameira ou, no seu caso, o aval da sociedade de garantía recíproca adherida ao convenio, polo 100% do risco.

As garantías a favor da SGR serán o reaval do Igape en cobertura do 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa, adicionais ás achegas reintegrables aos fondos das SGR estipuladas para a operación. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos ou dependentes da Administración, que sumados ao reaval do Igape non poderán superar o 75% do risco asumido pola SGR.

As explotacións poderán solicitar unha das liñas ou ben compatibilizar as dúas, en función do límite máximo de axudas en réximen de mínimis

Cualificación requerida del proyecto

-

Inversiones o gastos computables

-

Cuantía de las ayudas

A axuda financeira do Igape poderá consistir nos seguintes apoios:

a) Bonificación do tipo de xuro nominal das operacións de préstamo acollidas a estas bases de tal xeito que o tipo de xuro sexa cero para o beneficiario. No caso de préstamos a tipo de xuro fixo, a bonificación corresponderase co tipo de xuro establecido para toda a vida do préstamo. No caso de préstamos a tipo de xuro variable, a bonificación corresponderase co tipo de xuro establecido para o primeiro período semestral.

b) Axudas en forma de garantía: No caso de contar co aval dunha SGR, o Igape compensará o custo da comisión do aval financeiro prestado pola SGR, e para o caso da liña de apoio ao circulante prestará ademais un reaval polo 25% do principal da operación.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape, iniciarase o 4 de xaneiro de 2016 e rematará o 31 de outubro de 2016

Incompatibilidades

A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, a da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado

Referencia legislativa

Resolución do 1 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 2912/2015) - Bases reguladoras
Resolución do 16 de decembro de 2015 (DOG Nº14 do 22/01/2016) - Corrección erros

Información y tramitación en

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado, deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

Unha vez cuberto o formulario, xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade financeira, asinada polo solicitante,

Unha vez recibida a solicitude no Igape, este poderá autorizar a formalización da operación financeira, previamente á resolución de concesión. A dita autorización comunicarase á entidade financeira e á SGR, no seu caso, a través da “Extranet de entidades colaboradoras” (http://extranet.igape.es), de acordo co establecido no artigo 8.10

Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recoller a mención de estar acollido ás axudas previstas nestas bases.

O prazo máximo para a formalización do préstamo, ou, no seu caso, adaptación da póliza ás condiciones da resolución de concesión do Igape será de 2 meses, a contar desde o día seguinte á data de notificación da concesión ao beneficiario.

Finalizado o dito prazo sen que se formalizara ou adaptara, ditarase resolución tendo ao solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, salvo que, previa solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorice a dita prórroga.

Observaciones

-

Logo Fondos Europeos