El plazo de presentación finalizó el 04/03/2016

IG230 - ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA EMPRESAS)

Finalidad / Objetivo

Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión
b) Actuacións de promoción
c) Prospección novos mercados: Axendas de reunións no estranxeiro e seguimento de contactos iniciais no estranxeiro con posibles socios ou clientes.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de minimis.

As empresas que participen directamente nas accións subvencionadas consideraranse asimesmo benefiarias aos efectos de imputación da axuda en minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado.

Debe tratarse de proxectos de promoción que se inicien en 2016 con execución de gasto entre o 4 de xaneiro e 29 de xullo de 2016 teñan ou non continuación a partir desa data. Non se admitirán proxectos que se inicien a partir do 29 de xullo de 2016 e que -polo tanto- soliciten só orzamento de 2017.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), que cumpran a definición de peme, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2016, ou en exercicios anteriores.

d) Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia.

e) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Sectores incentivables

Todos.

Requisitos principales del proyecto

O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión:

1º Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro

2º Plataforma de promoción online para mercados estranxeiros.

3º Márketing dixital. Deseño de web para mercados internacionais, posicionamento da web nos mercados internacionais e posicionamento internacional en redes sociais.

b) Actuacións de promoción:

1º Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros fóra de España. E participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2015 ou 2016 no Boletín Oficial do Estado (independentemente da data de celebración do evento para o que se solicita a axuda).

No caso de participación en accións agrupadas organizadas polo ICEX só se subvencionarán conceptos subvencionables non subvencionados por este organismo polo que se requirirá convocatoria ou escrito deste organismo no que se manifeste cales son os conceptos de gasto subvencionados.
Non se subvencionará a participación en eventos nos que estea programada unha participación agrupada subvencionada pola Xunta, a non ser que non se poida participar na acción por exceso de cupo ou outras causas non imputables ao solicitante da axuda.

2º Elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro da empresa ou os seus produtos e servizos (só se concedera axuda para este tipo de actuación no caso de que se conceda axuda para unha actuación de promoción do tipo das anteriores).

c) Prospección novos mercados: Axendas de reunións no estranxeiro e seguimento de contactos iniciais no estranxeiro con posibles socios ou clientes.

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na que se poderán incluír varias actuacións das mencionadas nas letras a) a c).

Non se concederá axuda a aquelas solicitudes que, unha vez avaliadas, presenten un gasto subvencionable total inferior a 5.000 euros.

Cualificación requerida del proyecto

-

Inversiones o gastos computables

Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

a) Nas actuacións de difusión, previstas na letra a) do artigo 1 terán a consideración de conceptos subvencionables os seguintes (por un gasto subvencionable máximo por solicitude de axuda, por todos os seguintes conceptos 1º a 4º de 6.500 euros):

1º Inserción nos medios de comunicación.
2º Cotas de participación en plataformas de promoción online.
3º Asistencia externa para posicionamento en internet (community manager).
4º Deseño, creación e aloxamento de páxina web ou aplicación soporte comercio electrónico. Non serán subvencionables os gastos de mantemento.

Será necesario xustificar os gastos 3º e 4º antes da concesión da axuda cun informe da empresa ou empresas a contratar na que se indique como mínimo: tipos de servizos a prestar, cronograma e resultados esperados.

En todo caso, deberá xustificarse coa solicitude a necesidade e alcance das actuacións para as que se solicita axuda, mercados aos que se dirixe e resultados esperados.

b) Nas actuacións de promoción, previstas na letra b) do artigo 1, terán a consideración de conceptos subvencionables os seguintes (por un gasto subvencionable máximo total por todos os seguintes conceptos 1º a 3º de 24.000 euros por evento para o que se conceda axuda ou se liquide axuda):

1º Gastos de viaxes:

i) Viaxe á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se viaxe ou regrese dende outro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o hotel do país no que se celebra a acción.

ii) Hotel (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoctas.

O gasto subvencionable máximo polos conceptos anteriores por solicitante e por evento é o establecido no anexo IV destas bases.

Só se admitirán os gastos de viaxe correspondentes a unha persoa por empresa solicitante.

2º Gastos de aluguer de espazos e servizos relacionados:

I. Solo e ou stand: contratación de espazo, aluguer ou construción de stand, aluguer de mobiliario ou outra decoración.
II. Servizos inherentes á participación facturados polo organizador do evento.

3º Gastos de asistencia externa: Gasto subvencionable máximo por estes conceptos i) a iii) seguintes por solicitude de axuda: 13.000 euros.

I. Intérpretes, modelos, azafatas, ou outro persoal de apoio.
II. Envío de mostras e catálogos.
III. Deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

c) Nas actuacións de prospección de novos mercados, previstas na letra c) do artigo 1, terá a consideración de concepto subvencionable:

Asistencia externa no estranxeiro para a realización de axendas, e/ou seguimento de contactos iniciais (excepto para servizos ofertados pola rede Pexga). Gasto subvencionable máximo por este concepto por solicitude de axuda: 2.500 euros.

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.
b) Imposto sobre o valor engadido (IVE) a non ser que se acredite que non é recuperable.
c) Aqueles gastos que resulten de carácter xeralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
d) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
e) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.


Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase na data establecida na resolución de convocatoria (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir desa data) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do prazo máximo de execución indicado na resolución de convocatoria.

Tamén serán subvencionables os gastos efectuados no segundo semestre do exercicio 2015 esixidos en concepto de reserva para a participación en eventos expositivos realizados no exercicio 2016.

Cuantía de las ayudas

Intensidade da axuda sobre os gastos subvencionables: 75%.

Para as actuacións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 72.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 96.000 euros).

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 de xaneiro de 2016 rematará o 4 demarzo de 2016.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para a mesma actuación, agás as cofinanciadas con fondos ou instrumentos da UE ata o 100 % do gasto subvencionable.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.

Referencia legislativa

Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016
Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº10 do 18/01/2016) - Corrección de erros
Resolución do 15 de xaneiro de 2015 (DOG Nº14 do 22/01/2016) - Ampliación prazo solicitudes
Resolución do 2 de maio de 2016 (DOG Nº88 do 10/05/2016) - Ampliación do prazo máximo para resolver
Resolución do 2 de maio de 2016 (DOG Nº89 do 11/05/2016) - Requirimentos de emenda

Información y tramitación en

Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon a disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través dos números de teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47.

Para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Deberán cubrirse todos os campos do formulario e ao rematar aceptar os datos, tras o cal a aplicación xerará un identificador de documento electrónico (IDE). As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá na citada aplicación informática. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica con certificado dixital do representante. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nos distintos rexistros do Igape ou a Xunta de Galicia.

O formulario de solicitude deberá vir acompañado da seguinte documentación:

a) Copia do DNI do representante legal do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
b) NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
c) Imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
d) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
e) Memoria xustificativa de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención que incluirá: nome das actuacións, descrición detallada do seu alcance e interese para a empresa, indicando mercados e sectores aos que se dirixe, obxectivos concretos e resultados que se espera acadar grazas á actuación, data de realización/execución, lugar de realización/execución, o/os provedor/es empregados para cada unha das actuacións así como orzamento por actuación e provedor.
f) As tres ofertas que, deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.4 das bases reguladoras.
g) Para as actuacións previstas na letra c) do artigo 1, un informe da empresa ou empresas a contratar para esta asistencia na que se indique como mínimo: oportunidades na actividade da empresa solicitante da axuda no país, descrición detallada (sector, facturación e/ou outros criterios escollidos para a selección) de contrapartes a localizar, número mínimo de entrevistas a concretar, cronograma das axendas e resultados esperados.
h) Xustificantes de participación ou reserva de participación, ou xustificantes de aluguer ou reserva de espazo de actuacións destas bases realizadas ou a realizar no 2016 nos mercados internacionais ou en España sempre que teñan carácter internacional.
i) Xustificantes de aluguer ou reserva de espazo da participación en 2016 nun evento internacional celebrado fóra de España.
j) Ademais disto e, para os efectos sinalados no artigo 6.3 destas bases, se é o caso:
- Plan do proxecto que inclúa polo menos a análise previa indicada no artigo 6.3 c),análise de mercado, análise da competencia e proxección de vendas.
- Reservas, facturas ou contratos asinados con provedores para un importe igual ou superior ao 50% dos gastos para os que se solicita axuda a efectos de valorar o grado de avance do proxecto segundo o indicado no artigo 6.3.c).
- Certificado de participación nos programas indicados no artigo 6.3.d).

Observaciones

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o 30 de xuño de 2016.

O prazo de execución dos proxectos iniciarase o 4 de xaneiro de 2016 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir desta data) e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2017.

Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 29 de xullo de 2016, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 12 de agosto de 2016. Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2017, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de xullo de 2017.

Logo Fondos Europeos