El plazo de presentación finalizó el 10/10/2016

IG234 - PRÉSTAMOS DO IGAPE EN BENEFICIO DE PEMES E MICROEMPRESAS DE GALICIA (2016)

Finalidad / Objetivo

O Igape poderá financiar mediante préstamos proxectos empresariais de investimento para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este programa finánciase integramente con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia, por considerarse unha prioridade potenciar o acceso ao crédito das pemes galegas, especialmente as de menor dimensión, para acometer proxectos de investimento produtivos no territorio de Galicia, que redundan en definitiva nun maior crecemento e mellora competitiva da rexión.

Tipos de apoyo

Préstamos

Beneficiarios potenciales

1.Poderán ser beneficiarias aquelas sociedades mercantís que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser unha peme ou microempresa.
b) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Desenvolver ou ter previsto realizar no centro obxecto do proxecto algunha actividade empresarial financiable que non estea entre as actividades excluídas que se sinalan no artigo 1.2 a), e no anexo II nestas bases.
d) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira do 30 % do proxecto; un 25 % deberá estar exento de calquera tipo de apoio público, ademais da totalidade dos impostos indirectos que graven a adquisición dos bens, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As sociedades cuxa actividade estea comprendida nas excluídas polo artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis.
b) As sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
c) As empresas en crise.
d) As sociedades nas que concorra algunha das circunstancias do artigo 10.2. da Lei de subvencións de Galicia.

3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís ou comunidades de bens que cumpran os requisitos sinalados nos puntos anteriores. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Requisitos principales del proyecto

O Igape poderá financiar mediante préstamos proxectos empresariais de investimento para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

1. O proxecto deberá presentar un investimento financiable non inferior a 70.000 euros.

2. Os proxectos financiables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, de ser o caso, ambiental, e deberán consistir na creación dun novo establecemento, a ampliación dun establecemento existente, a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente. Non serán financiables meras substitucións de bens, traslados de centros produtivos que non supoñan mellora na capacidade produtiva ou competitividade, gastos de amortización, saneamento de contas, financiamento ou refinanciamento de débedas nin pagamento de impostos.

3. Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

Non obstante, para os proxectos denegados por esgotamento do crédito orzamentario, ao abeiro do programa de préstamos Igape-Jeremie, considerarase iniciado o período de execución na data de presentación da solicitude de préstamo Igape-Jeremie anteriormente denegada, sempre que reiteren a solicitude no prazo establecido nesta convocatoria e cumpran a totalidade de requisitos establecidos nas presentes bases.

4. Actividades financiables: sen prexuízo da multisectorialidade e horizontalidade que as bases reguladoras no seu conxunto respectan, os proxectos financiables sobre a contía do investimento deberán en todo caso estar vinculados a algunha actividade económica que non estea entre as excluídas que se relacionan no anexo II nestas bases e/ou no art. 1 do Regulamento 1407/2013 de axudas de minimis, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

Cualificación requerida del proyecto

- Os préstamos que conceda o Igape terán un prazo mínimo de amortización de 2 anos e un máximo de 11 anos, e reembolsaranse mediante cotas trimestrais, sen que en ningún caso poida superar a vida económica e técnica dos bens financiados. Poderase establecer un prazo de carencia máximo de 1 ano.

- Garantías: o Igape tomará as garantías axeitadas segundo as características de cada operación. A dita garantía poderá consistir en:

a) Avais bancarios ou de sociedade de garantía recíproca.
b) Peñoramento de activos financeiros ou dereitos de crédito.
c) Hipotecas en primeiro rango sobre bens inmobles.
d) Hipoteca mobiliaria ou peñor sen desprazamento sobre bens libres doutras cargas.
e) Avais persoais de socios que acrediten un valor patrimonial neto suficiente.

- O tipo de xuro fixo, que se determinará no momento da concesión para toda a vida do préstamo, será o resultado de sumar á media aritmética do Euríbor a 1 ano do mes anterior á concesión, un diferencial determinado en función do importe inicial do préstamo e das garantías, conforme os seguintes criterios:

a) Tramos que sexan garantidos con aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca en cobertura do principal adebedado, o diferencial será do 0,1 %.
b) Para os tramos sen os tipos de afianzamento sinalados na liña a) anterior:
Ata un máximo de 840.000 €: 0,2 %.
De máis de 840.000 € a un máximo de 1.400.000 €: 0,4 %.
De máis de 1.400.000 € a un máximo de 1.820.000 €: 0,7 %.
Non obstante o anterior, o tipo de xuro resultante a cargo do beneficiario non poderá en ningún caso ser inferior ao 0%.

Inversiones o gastos computables

1. Para os efectos de cálculo do financiamento, consideraranse conceptos financiables os seguintes:

a) Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, mobiliario. O importe máximo do investimento financiable en terreos non poderá exceder do 10% do investimento total financiable.
b) Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica.
c) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, agás o imposto sobre o valor engadido cando este non poida ser obxecto de recuperación ou compensación polo beneficiario.

2. Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude.

3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo autorización expresa no acordo de concesión e logo de petición do solicitante.

5. O investimento terase que manter no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao termo do prazo de execución do proxecto, que se elevará aos 5 anos seguintes ao dito termo, no caso de bens inscribibles nun rexistro público.

6. En caso dos activos intanxibles, para seren considerados financiables, deberán cumprir as condicións do artigo 3.6.

O período de execución do proxecto iniciarase na data en que o titular presente a solicitude de préstamo e finalizará na data que se especifique no acordo de concesión. Todos os xustificantes da realización e pagamento dos investimentos deberán estar datados nese período, así como calquera outra condición establecida no acordo de concesión, salvo que expresamente se estableza outro prazo.

Non obstante o anterior, para os proxectos denegados dos Préstamos Igape-Jeremie aprobadas por Resolución do 03/06/2014, por motivo de esgotamento das dispoñibilidades orzamentarias, considerarase iniciado o período de execución na data de presentación da solicitude de préstamo Igape-Jeremie anteriormente denegada.

Cuantía de las ayudas

Os préstamos concedidos inclúen unha axuda implícita, equivalente ao aforro de carga financeira que supoñen para a beneficiaria respecto a un préstamo alternativo que poderían obter no mercado financeiro.

Os puntos porcentuais de bonificación implícitos e a subvención bruta equivalente recolleranse no acordo de concesión determinados polo Igape, e a beneficiaria aceptará a contía estimada desta cando instrumente a operación de préstamo.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte e rematará no prazo dun mes, ou no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es

Dentro deste prazo, poderán reiterar a solicitude as titulares de expedientes do programa de préstamos Igape-Jeremie convocado por Resolución do 3 de xuño de 2014, que foran denegados anteriormente por esgotamento do crédito orzamentario, considerándose nestes supostos iniciado o período de execución na data de presentación da solicitude de préstamo Igape-Jeremie anteriormente denegada.

Incompatibilidades

As axudas implícitas nos préstamos regulados nas presentes bases terán a consideración de axudas de minimis.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado

Serán compatibles con outras axudas de minimis, sempre que o importe total que se conceda a unha mesma empresa non supere 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Referencia legislativa

Resolución do 1 de setembro de 2016 (DOG Nº 172 do 09/09/2016) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación en

Presentación de solicitudes.

a) Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario a través de http://www.tramita.igape.es

b) Co fin de prestar asistencia na formalización do formulario, o Igape pon á disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, a través do mencionado ende¬rezo da internet ou do número de teléfono 900 815 151.

c) A solicitude de axuda presentarase mediante o formulario que se obterá de modo obrigatorio da citada aplicación informática e que se achega como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 carácteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. A solicitude que careza de IDE ou na que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non será tramitada, e concederáselle ao solicitante un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución de arquivo.

d) Xunto co formulario de solicitude presentarase a seguinte documentación:

1º DNI da persoa solicitante ou representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
2º NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
3º Informe da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electrónicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
4º Contas anuais correspondentes aos dous últimos exercicios pechados.
5º Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
6º Documentación administrativa da empresa (escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente).
7º No caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas.
8º Acreditación de actividade financiable (IAE, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, ou compromiso de alta modelo 036).
9º Garantías ofrecidas: no caso de garantías hipotecarias, taxación emitida por sociedade homologada polo Banco de España dos bens ofrecidos. Nota simple do rexistro da propiedade. No caso de garantías persoais: copia de declaración do IRPF, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, e patrimonio dos avalistas, relación dos seus bens patrimoniais e débedas.
10º Acreditación da capacidade de financiamento da parte do proxecto non cuberto co préstamo solicitado, que deberá recoller ademais a totalidade dos impostos indirectos que graven as adquisicións de bens previstas. Esta acreditación poderá consistir nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
11º Para o caso de persoas físicas, sociedades civís ou comunidades de bens, en lugar da documentación sinalada nos números 4º, 5º e 6º anteriores, deberán achegar a copia da declaración do IRPF do último exercicio, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, e as copias das declaracións do IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

e) Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I).

Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamén se poderá presentar en soporte papel no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, xunto coas copias simples da documentación establecida no artigo 7.1.d).

Observaciones

O prazo máximo para solicitar a disposición dos fondos será o establecido no acordo de concesión, e non poderá superar o período de carencia na amortización do préstamo.

Os prazos de disposición non superarán en ningún caso o 30 de decembro de 2016.

Para o desembolso do préstamo, admitirase un máximo de 4 disposicións.