El plazo de presentación finaliza el 30/12/2020

IG260 - PRÉSTAMOS PARA INVESTIMENTOS ESTRATÉXICOS (2020)

Finalidad / Objetivo

Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, valorándose especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.

Tipos de apoyo

Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.

c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado 1.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas en crise.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

1. O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables a implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no Anexo I para cada modalidade de préstamo.

Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

2. Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.

3. Actividades financiables. Os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no Anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

4. Importe

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 1.500.000 euros máis impostos.

Este límite non se aplicará aos proxectos que, ao amparo do previsto no artigo 15 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, sexan declarados proxecto empresarial singular ou formen parte dun proxecto que conte coa declaración de proxecto empresarial singular.

5. Condicións do produto financeiro:

5.1. Importes mínimo e máximo

O importe mínimo do préstamo será de 750.000 euros e o máximo de 5.000.000 euros.

O importe mínimo anterior non será de aplicación nos proxectos que sexan declarados proxecto empresarial singular ou formen parte dun proxecto que conte coa declaración de proxecto empresarial singular, de conformidade ao previsto no artigo 15 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

En ningún caso superará o 50% do custo do proxecto financiable.

5.2. Prazos de amortización e de carencia

Axustados ao plan económico-financeiro, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

5.3. Tipo de xuro e axuda implícita

* Tipo de xuro ordinario:

Con carácter xeral, o tipo de xuro aplicable será fixo, determinado e liquidado conforme ao Anexo II destas bases. Non obstante o anterior, o tipo de xuro aplicable aos préstamos para proxectos consistentes en apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de activos/unidades produtivas que, de non ser adquiridas terían cesado no negocio, será inferior en 1,5 puntos porcentuais ao determinado conforme ao Anexo II. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0%.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

* Axuda implícita:

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro determinarase aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado.

Non obstante o anterior, cando se aplique a rebaixa no tipo de xuro prevista no punto 4.3 anterior para os préstamos para proxectos consistentes na apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de unidades produtivas que de non ser adquiridas terían cesado no negocio, incluirán unha axuda implícita de mínimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

5.4. Plan de amortización

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

5.5. Garantías

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto.

Cualificación requerida del proyecto

Os proxectos que cumpran as condicións necesarias serán avaliados conforme aos seguintes criterios:

a) Baremación específica do proxecto para a modalidade de préstamo solicitada: valoraranse as solicitudes conforme aos criterios específicos de avaliación previstos, se é o caso, no Anexo I para cada modalidade.

b) Cualificación do risco de crédito: conforme á metodoloxía de avaliación descrita no Anexo IV, cualificarase o proxecto nunha das seguintes cinco categorías: “Excelente (AAA-A)”, “Boa (BBB)”, “Satisfactoria (BB)”, “Deficiente (B)”, ou “Mala/dificultades (CC)”.

c) Cualificación da garantía, conforme aos criterios descritos no Anexo V, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: “Alta”, “Normal” e “Baixa”.

Para as puntuacións e cualificacións detalladas nos apartados a) e b) anteriores, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos nos citados Anexos I e IV respectivamente. Se unha solicitude non acada os devanditos limiares mínimos será denegada.

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultante de sumar as puntuacións obtidas segundo os criterios do anexo I.

Inversiones o gastos computables

1. Para esta modalidade de préstamo poderán ser financiados os seguintes elementos:

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: Terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

Exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE cando non sexa recuperable.

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior apartado 2, tamén poderán ser financiada a obra civil en inmobles sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou estean alugados por entidades non vinculadas ao beneficiario.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario do préstamo e o provedor, agás os gastos de desenvolvemento e innovación, que poderán ser realizados con medios e por persoal da propia beneficiaria.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, previa petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares.

Cuantía de las ayudas

As modalidades de préstamo que se habiliten conforme ao Anexo I das bases reguladoras, poderán incorporar, se é o caso, unha axuda de estado implícita polo aforro de carga financeira para o beneficiario respecto a un préstamo que se podería obter no mercado.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Os préstamos contemplados nestas Bases Reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

Referencia legislativa

Resolución do 20 de decembro de 2019 (DOG Nº16 do 24/01/2020) - Bases reguladoras dos préstamos directos.

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE solicitando cita previa en http://citaprevia.igape.es/
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de http://www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

- Memoria do Proxecto, que desenvolverá o seguinte contido indicado nas bases.

- Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible.

- En caso de persoas xurídicas:
1º Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.
3º Contas anuais, auditadas no seu caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

- No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

- Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

- En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

- No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

- Relación detallada dos investimentos a realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

- Copia do contrato de aluguer/concesión/superficie do inmoble obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

- Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observaciones

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 31.03.2022

O beneficiario deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30.11.2021