El plazo de presentación finaliza el 30/06/2021

IG272 - GALICIA EXPORTA DIXITAL - AXUDAS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DIXITAL DAS EMPRESAS GALEGAS (2021)

Finalidad / Objetivo

Apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novos, aportando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

Tipos de apoyo

Réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d)Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior.
e) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

Requisitos principales del proyecto

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 25.000 euros e máximo de 125.000 euros por empresa. De superar este máximo procederase a axustalo gasto a este límite máximo. No caso do comercio retallista o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 15.000 euros por empresa e máximo de 125.000 euros por empresa. De superar este máximo procederase a axustalo a este limite máximo. No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 15.000 euros e máximo de 37.500 euros no caso de empresas do sector da pesca e 25.000 euros no caso de empresas do sector da produción agraria.

Poderán subvencionarse os seguintes tipos de gastos:

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

B. Software de:

a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management).
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s).
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment.
e) Solucións de inbound márketing internacional.
f) Creación e adaptación de tendas online.

Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 17.5.f), do Regulamento (UE) nº 651/2014

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación catálogos online.
b) Campañas de posicionamento SEM.
c) Solucións de software de pago por uso.

O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de outubro de 2020 ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fora deste período non será subvencionable.

Inversiones o gastos computables

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
Esta análise debe como mínimo analizar a madurez dixital e internacional da empresa e xustificar as oportunidades dunha estratexia de internacionalización dixital para a empresa tendo en conta os seus recursos.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros

b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
Estes plans deben incluír como mínimo unha investigación, avaliación e selección de mercados e canles de vendas tendo en conta o potencial exportador dixital da empresa e os seus recursos dispoñibles.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros.

c) Plans de mercados electrónicos concretos.
Estes plans deben de conter como mínimo a estratexia e as accións necesarias para deseñar, programar, conectar e posicionar tendas e catálogos online multi-idioma. Así como unha análise SEO de web, catálogos online e/ou tendas online. Análise SEO por mercado xeográfico para Google e/ou buscadores de referencia (Baidu, Yandex para China e Rusia, por exemplo), e/ou SEO en marketplaces tipo Amazon, AliExpress, eBay.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 euros.

d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
Aqueles que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 euros.

B. Software de:

a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
Gastos subvencionable máximo: 6.000 euros.

b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
Gasto subvencionable máximo: 30.000 euros.

c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing online.
Gasto subvencionable máximo: 30.000 euros.

d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
Gasto subvencionable máximo: 22.000 euros.

e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio online. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores online por parte de axencias.
Gasto subvencionable máximo: 6.000 euros.

f) Creación e adaptación de tendas online.
Gasto subvencionable máximo: 6.000 euros.

Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 17.5.f), que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación catálogos online para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
Gasto subvencionable máximo: 4.000 euros.

b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros.

c) Solucións de software de pago por uso das mencionadas no apartado B.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 euros no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente. Tampouco será preceptiva a presentación das tres ofertas cando o gasto sexa realizado con anterioridade á presentación da solicitude da axuda.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

Non será subvencionable o Imposto do Valor Engadido (IVE), que sexa recuperable conforme á normativa nacional, segundo o establecido na norma 2.c da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para o período 2014-2020.

Cuantía de las ayudas

A subvención será do 80% dos gastos relacionados no artigo 5.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de xuño de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do gasto subvencionable, ou a intensidade máxima da axuda prevista para a outra subvención. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

Referencia legislativa

Resolución do 23 de decembro de 2020 (DOG Nº16 do 26/01/2021) - Bases reguladoras e concovatoria 2021

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado co IDE (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

A solicitude deberá presentarse coa seguinte documentación complementaria:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) As tres ofertas que, se é o caso, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.4 destas bases reguladoras.

Observaciones

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 5 meses desde a data de presentación da solicitude e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución iniciarase o 1 de outubro de 2020 e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de outubro de 2021 para as solicitudes con accións a realizar ata esta data, e do 30 de outubro de 2022 para solicitudes con accións a realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. Os gastos subvencionables dos proxectos realizados entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de decembro do 2021 serán imputados á anualidade 2022.

Para os proxectos que se executen en dúas anualidades a data límite da primeira xustificación parcial para os gastos subvencionables realizados no 2021 é o 30 de outubro 2021, e como data límite para a xustificación final dos gastos subvencionables realizados desde á anterior data de xustificación o 30 de outubro de 2022.

O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 10 de outubro de 2021 e o 31 de marzo do 2022.
Poderán solicitarse anticipos de ata o 50% do importe da subvención concedida dentro do prazo indicado na resolución de convocatoria. O anticipo non pode superar o importe da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.