El plazo de presentación finalizó el 31/05/2016

AXUDAS PARA O SECTOR ARTESANAL GALEGO (IN201G)

Finalidad / Objetivo

Fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Tipos de apoyo

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva en réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

a) Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, que cumpran o seguinte requisito:

– Figurar o obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.

b) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia legalmente constituídas que cumpran o seguinte requisito:

– Que, polo menos, 10 dos seus membros figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

c) Concellos que cumpran o seguinte requisito:

– Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.

Sectores incentivables

Sector artesanal.

Requisitos principales del proyecto

Considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2015 exixidos para a participación en eventos expositivos do ano 2016 e, se for o caso, os gastos efectivamente realizados e pagados das feiras que teñan lugar entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2016.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

Inversiones o gastos computables

1) Para titulares de obradoiros artesanais.

Consideránse actuacións subvencionables:

a) A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

b) A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma, que se realicen nos mercados nacionais ou internacionais.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

c) A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.

A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.

Son gastos subvencionables os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira. No caso de actuacións recollidas na alínea a) serán subvencionables ademais os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.

O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar os 7.000,00 euros, IVE excluído.

2) Para concellos.

Consideránse actuacións subvencionables a organización e realización de feiras de artesanía:

a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluída a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.

b) Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluída a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non alcancen o 80 % de expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.

Son gastos subvencionables a infraestrutura, servizos propiamente feirais e publicidade que cumpran co establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (en diante, Decreto 193/2011).

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

3) Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Considéranse actuacións subvencionables:

a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de distintos oficios cun número mínimo de 15 edicións, incluída a edición en curso, e que conten cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por certame.

Son gastos subvencionables a infraestrutura, os servizos propiamente feirais e a publicidade.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000 euros.

b) Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 euros de subvención por feira.

Son gastos subvencionables os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata, os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira, así como os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 31 de maio de 2016

Incompatibilidades

O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Referencia legislativa

Orde do 21 de marzo de 2016 (DOG Nº69 do 12/04/2016) - Convocatoria 2016
Orde do 6 de maio de 2016 (DOG Nº90 do 12/05/2016) - Modificación das bases

Información y tramitación en

Información na Dirección Xeral de Comercio e na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal) na súa epígrafe de axudas ou www.artesaniadegalicia.xunta.es

b) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo: ttps://sede.xunta.es

c) Nos teléfonos 981 54 55 99 e 881 99 91 78 da Dirección Xeral de Comercio.

d) Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

e) Nos enderezos electrónicos cei.dxcomercio@xunta.es e centro.artesania@xunta.es

f) Presencialmente.

Observaciones

O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, para o que ten de prazo ata o 31 de outubro de 2016.