El plazo de presentación finalizó el 01/03/2018

SUBVENCIÓNS PARA A DIXITALIZACIÓN E MODERNIZACIÓN DE EMPRESAS COMERCIAIS E ARTESANAIS (IN201H)

Finalidad / Objetivo

subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais.

Tipos de apoyo

Subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

a) Comerciantes retallistas:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exerceren a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea, empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.

– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

b) Titulares de obradoiros artesanais:

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.

Non poderán ser beneficiarios/as destas axudas as empresas en crise; nin aqueles que, tendo sido beneficiarios do procedemento IN201H, renunciasen a el ou perdesen o dereito ao cobramento total da subvención nos últimos dous anos (2016 e 2017).

Sectores incentivables

Comercio e Artesanía

Inversiones o gastos computables

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a data límite de xustificación establecida nas bases (30/10/2018).

1. Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado.

En concreto, considéranse gastos subvencionables:

a) A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos.

O investimento máximo subvencionable:

– Para a implantación de páxinas web con venda en liña é de 4.000 euros (IVE excluído).

– Para a implantación de páxina web é de 1.000 euros (IVE excluído).

– Para a mellora e actualización da páxina web con venda en liña é de 1.000 euros (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

O investimento subvencionable deberase adecuar ás seguintes características técnicas e de deseño:

No caso da web corporativa:

– Estar optimizada para SEO.

– Ter acceso á internet a través dun hosting con acceso do propietario da web ao código e claves da web.

– Estar adaptada a todos os dispositivos móbiles.

– Dispor de fotos de calidade profesional cun peso máximo de 400K e resolución de 72 dpp.

– Dispor de páxina de política de privacidade de acordo coa lexislación vixente, links ás redes sociais da empresa.

– Ter instalado e configurado Google Analytics.

No caso de web con acceso a tenda en liña, ademais do previsto anteriormente para a páxina web, deberá:

– Estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial.

– Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 30 % das referencias de que se dispoñen na tenda física.

– Ter pasarela de pagamento.

b) A loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging para a venda en liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da imaxe.

O investimento máximo subvencionable será de 5.000 euros (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

c) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.

O investimento máximo subvencionable será de 3.000 euros (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

d) Os servizos de xestión de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolverá en colaboración coa Federación Galega de Comercio, durante o ano 2018.

2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.

En concreto, considéranse gastos subvencionables:

a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.

b) Adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 30.000 euros (IVE excluído) e o investimento mínimo de 15.000 euros (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

O investimento máximo subvencionable ampliarase ata 2.000 euros para atender os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración, sempre que este non supere o 10 % do investimento total solicitado.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou de calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables e o mesmo establecemento comercial.

Referencia legislativa

ORDE do 29 de decembro de 2017 (DOG Nº23 do 01/02/2018) - Bases reguladoras e convocatoria 2018

Información y tramitación en

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201H, poderase obter información a través dos seguintes medios:

1. Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.gal.

2. Páxina web oficial da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.

3. Nos teléfonos 981 54 55 07 ou 981 54 55 25 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal.

5. Presencialmente, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Edificios Administrativos San Caetano, 3º andar, 15071 Santiago de Compostela.


As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.