El plazo de presentación finaliza el 30/09/2021

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO DAS PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS E SUBVENCIÓNS COVID PARA MANTEMENTO DO AUTOEMPREGO (PR937A)

Finalidad / Objetivo

Esta resolución ten por obxecto dúas liñas de subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega:

– Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

– Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva en réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Requisitos principales del proyecto

1. Requisitos comúns para as dúas liñas de subvencións que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes :

a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3 desta Resolución.

b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.

c) Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.

d) Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Requisitos específicos :

a) Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:

– Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante non fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.

b) Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego:

Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas dúas situacións:

b.1) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018.

b.2) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019 e que fose beneficiaria da subvención para promover o autoemprego e a actividade emprendedora da Secretaría Xeral da Emigración na convocatoria do ano 2019.

3. Quedan excluídos os autónomos colaboradores.

Cuantía de las ayudas

1. Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:

Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros.

O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.

Para estes efectos enténdese por concello rural aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP). Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

O importe máximo da subvención concedida será de 8.000 euros.

2. Liña 2 subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego:

As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros.

3. A obtención das subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e das subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego son compatibles con outras que polos mesmos conceptos poidan outorgar as administracións públicas.

4. As subvencións da liña 1 e da liña 2 recollidas nesta resolución son incompatibles entre si.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021.

Incompatibilidades

A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin sen que, en ningún caso o seu importe poida ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade.

Referencia legislativa

Resolución do 12 de marzo de 2021 (DOG nº 59 do 29/03/2021). - Bases reguladoras e convocatoria 2021

Información y tramitación en

Información: Secretaría Xeral de Emigración

Mazarelos, 15 - 15703 - Santiago de Compostela.
Teléfono: 981547271 / 981957162

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.