El plazo de presentación finalizó el 12/08/2021

PROGRAMA DO BONO AUTÓNOMO - 2021 (TR341Q)

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 realizada inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables as seguintes liñas de actuación:

Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos
- Investigación de mercado
- Plan de márketing
- Plan de comunicación do negocio
- Plan estratéxico do negocio
- Plan crecemento: constitución sociedade
- Plan de reorientación do negocio
- Plan de transformación dixital
- Plan de refinanciamento
- Outros estudos e planes co fin de aumentar a competitividade
- O cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria do 2021

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos
- Compra de maquinaria
- Compra de útiles e ferramentas
- Reforma do local do negocio
- Equipos informáticos
- Rótulos
- Aplicacións informáticas e páxinas web
- Creación logotipo do negocio
- Mobiliario

No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Cuantía de las ayudas

Subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación desta orde no DOG.

Incompatibilidades

1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80 % do custo da actividade que vaia desenvolver a persoa beneficiaria.

2. As axudas previstas nesta orde serán incompatibles coas axudas que polos mesmos conceptos e gastos poidan outorgar as administracións públicas, agás as outorgadas polo Igape dentro do programa Re-Acciona convocado para o exercicio 2021.

3. Esta axuda é incompatible nos mesmos conceptos de axuda coas subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais convocadas para o ano 2021.

Referencia legislativa

Orde do 28 de xuño de 2021 (DOG Nº131 de 12/07/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021

Información y tramitación en

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545625 / 981957729

Email: autonomos.emprego@xunta.gal