El plazo de presentación finalizó el 11/09/2015

IG158 - PROMOCIÓN CONXUNTA EN MERCADOS EXTERIORES - Plan Primex (2015)

Finalidad / Objetivo

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega subvencionando proxectos de internacionalización conxuntos que teñan por obxecto a prospección de mercados do estranxeiro xuntando esforzos, compartindo custos e, se é o caso, estratexia e marca coa finalidade de iniciar, fortalecer ou consolidar a súa presenza nun ou varios mercados.

* Tipos de proxectos subvencionables:

a) Proxectos cooperativos en destino para implantación promocional e prospección de mercados. Establecemento de filiais ou oficinas de promoción en destino.

b) Actuacións de promoción agrupada (feiras, desfiles, publicidade, showrooms, catas e degustacións...) en destino.

c) Plataformas de internacionalización en orixe (accións conxuntas para estudo de mercado, busca de clientes, publicidade ..., en mercados exteriores).

d) Licitacións en destino.

e) Tramitación conxunta de certificacións, rexistros, etc., en destino.

f) Plataforma de promoción en liña para mercados exteriores.

g) Outros proxectos cooperativos de promoción internacional en orixe ou destino.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial que cumpran a definición de peme.
b) Que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que teñan un proxecto de internacionalización conxunto -a acreditar mediante acordo notarial de colaboración ou mediante a documentación relativa á existencia dun consorcio-, con polo menos, outra empresa peme ou non peme, con domicilio social en Galicia, que cumpra o requisito indicado no artigo 4.1.5, e non vinculadas previamente entre si.
d) Que teñan na data da solicitude e durante todo o prazo de execución do proxecto algún empregado por conta allea en Galicia.
e) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2015, ou en exercicios anteriores.
f) Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
g) Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise.
h) As empresas que xa tiveran aboada subvención por un proxecto Primex en base á convocatoria do ano 2012 ou anterior -que non acrediten estar en fase de consolidación ou crecemento- non poderán ser beneficiarios desta convocatoria en proxectos que teñan por obxectivo o mesmo país xa subvencionado e tampouco computarán no mínimo de socios que se esixe nestas bases (artigo 4.1.3) para admitir un proxecto que teña por obxecto ese mesmo país.

Sectores incentivables

Calquera actividade económica, incluso a prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, non excluída no Regulamento relativo ás axudas de mínimis. Serán subvencionables as actividades de produción de produtos agrícolas e as actividades do sector pesqueiro conforme ao establecido nos correspondentes Regulamentos.

Requisitos principales del proyecto

- As empresas estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2015, ou en exercicios anteriores.

- Prazo de execución dos proxectos subvencionables: iniciarase o 1 de xullo de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 xullo de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión da axuda, sen que nunca poida exceder do 31 de marzo do 2017.

- Non se concederá axuda a aqueles solicitudes que, unha vez avaliadas, recibirían unha axuda inferior a 5.000 euros.

- Unha empresa pode presentar un máximo dunha solicitude e non pode computar como socio mínimo doutros proxectos, segundo o requisito establecido no art. 4.1.3 destas bases.

Inversiones o gastos computables

Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes gastos do proxecto:

a) Gastos de constitución, servizos profesionais externos, licitacións, certificacións e homologacións e bases de datos:

• Gastos en orixe derivados do acordo de colaboración: legais, notariais e rexistrais de escrituras e acordos de colaboración.
• Gastos de constitución de filial en destino: escrituras, inscricións, permisos administrativos, licenzas e outros gastos legais e administrativos.
• Gastos de servizos profesionais externos en destino: gastos que estean directamente relacionados co proxecto (xurídicos, administrativos, tradución, contables -incluso auditoría- e fiscais).
• Gastos previos á participación en licitacións en destino: adquisición de pregos, custo de traducións, asesorías externas, gastos de rexistro da propiedade industrial no país, gastos derivados da homologación ante organismos oficiais, certificacións e precualificacións.
• Gastos de defensa da propiedade industrial, homologación, certificación e rexistro de produtos e servizos e obtención de cualificacións en destino.
• Cotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.
• Gastos de tradución xurada dos documentos necesarios para a correcta xustificación da subvención indicados no artigo 14 destas bases.

O importe subvencionable máximo por estes conceptos será de 10.000 euros por solicitante e 20.000 euros por proxecto de internacionalización conxunto (circunstancia a ter en conta -ao cubrir o formulario de solicitude da axuda- por todos os integrantes do proxecto que solicitan axuda).

b) Gastos de infraestrutura en destino:

• Aluguer de oficinas, centro de negocios, locais, salas de exhibición ou showrooms en destino cando a actividade do proxecto subvencionable o xustifique.

• Aluguer de equipamento cando a actividade promocional o xustifique.

Consideraranse xustificados estes gastos cando se acredite a contratación de persoal en destino para os efectos de atención ao proxecto.

c) Gastos de persoal contratado expresamente para tarefas relacionadas co proxecto en destino ou en orixe a partir do 1 de xullo de 2015, cos seguintes límites:

• en orixe: subvencionarase a contratación dunha soa persoa, mediante contrato laboral fixo ou eventual.
• en destino: subvencionarase a contratación dun máximo de dúas persoas, mediante contrato laboral fixo ou eventual ou mediante contrato de prestación de servizos, pero neste último caso debe ser contratado con dedicación en exclusiva ao proxecto e traballar en destino (acreditarase co establecido no contrato entre as partes).

No caso de contrato laboral só se subvencionarán os salarios netos aboados ao traballador. En xeral, exclúese da contratación subvencionada calquera socio, propietario, directivo, administrador ou empregado das empresas participantes no proxecto de internacionalización conxunto.

O importe subvencionable máximo por persoa contratada e por proxecto será de 20.000 euros/ano en orixe e de 30.000 euros/ano en destino para unha dedicación do 100%. No caso de dedicación inferior aplicarase a regra da prorrata.

No caso de contratación dun mozo/a profesional (con ano de nacemento igual ou posterior a 1980) que teña sido bolseiro/a de promoción no exterior do Igape ou no caso de que sexa un integrante da bolsa de traballo de xestores de internacionalización do Igape, subvencionarase o 80% do seu salario neto.

d) Gastos de promoción e/ou publicidade:

• Feiras e outros eventos expositivos, presentacións de empresa e/ou produto. No caso de eventos organizados por terceiros serán subvencionables os gastos facturados polo organizador do evento en concepto de aluguer de solo, stand, inserción no catálogo da feira, participación e seguro obrigatorio e demais servizos inherentes á participación da empresa na feira ou evento expositivo. No caso de eventos organizados polos solicitantes só son subvencionables os gastos de aluguer de espazo.

• Gastos de publicidade: custo da compra de espazos publicitarios en medios do país obxecto da acción promocional (só son subvencionables os custos de inserción nos medios finais e non outros gastos de asistencia técnica relacionada co plan de publicidade).

• Deseño, creación e aloxamento de páxina web. Aplicación soporte comercio electrónico.

Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xullo de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xullo de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión da axuda, sen que nunca poida exceder do 31 de marzo do 2017.


Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.
b) Os gastos do persoal habitual contratado pola empresa e calquera outro derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.
c) O custo dos importadores e/ou axentes a comisión sobre vendas.
d) Os custos de mailings, convites e regalos promocionais.
e) Aqueles gastos que resulten de carácter xeneral ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
f) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.

Non serán subvencionables gastos correspondentes a actuacións que o solicitante ou o resto de empresas participantes no proxecto poida realizar cos seus propios medios materiais e persoais, o que se determinará polo tipo de actividade da empresa –IAE ou CNAE-, e/ou porque o solicitante, pola súa vez, figure como provedor para outra empresa solicitante destas axudas –nesta e anteriores convocatorias- para o mesmo tipo de actuacións e gastos.

Cuantía de las ayudas

- Contía da axuda: 75% do gasto subvencionable, agás no caso de contratación dun mozo/a profesional (con ano de nacemento igual ou posterior a 1980) que teñan sido bolseiro/a de promoción no exterior do Igape ou no caso de que sexa un integrante da bolsa de traballo de xestores de internacionalización do Igape, subvencionarse o 80% do salario neto. É obriga do solicitante comprobar que o xestor contratado realmente cumpre os requisitos mínimos esixidos polo Igape e alegados polo xestor para formar parte da bolsa de traballo de xestores de internacionalización.

O límite máximo de axuda por solicitante será:

• Para os que se atopen na etapa de inicio: 10.000 euros.
• Para os que se atopen na etapa de consolidación: 15.000 euros.
• Para os que se atopen na etapa de crecemento en orixe: 25.000 euros.

O importe subvencionable máximo por proxecto, independentemente do número de empresas que participen no mesmo, non superará os 100.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 11 de setembro de 2015.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles -para os mesmos conceptos subvencionables e período de execución- con outros programas de apoio financiados pola Xunta de Galicia. No caso de proxectos Primex da convocatoria 2013 -con axuda aboada ou pendente de aboar- á data de publicación destas bases no DOG e, con prazo de execución do proxecto posterior ao 30 de xuño de 2015, o proxecto de continuación para o que se solicite axuda a través desta convocatoria deberá iniciarse con data posterior á finalización do prazo de execución do proxecto inicial subvencionado.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais; para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

Referencia legislativa

Resolución do 24 de xullo de 2015 (DOG Nº141 do 28/07/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2015
Resolución do 7 de outubro de 2015 (DOG Nº196 do 14/10/2015) - Requirimentos de emenda.

Información y tramitación en

* INFORMACIÓN:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* TRAMITACIÓN:

Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

O formulario de solicitude deberá vir acompañado da documentación indicada no artigo 8.4 destas bases reguladoras.

Observaciones

A solicitude de modificación deberá presentarse con anterioridade mínima de tres meses ao vencemento do prazo de execución do proxecto.

O beneficiario deberá presentar unha primeira solicitude de cobramento da subvención antes do 15 de decembro de 2015; unha segunda solicitude de cobramento antes do 31 de agosto de 2016 e unha terceira solicitude de cobramento no prazo improrrogable dun mes desde o fin do prazo de execución establecido na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 28 de abril do 2017

Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a documentación indicada no artigo 14.6 destas bases.

As datas dos xustificantes de gasto, medios de pagamento e demais documentos xustificativos da realización do proxecto deberán estar comprendidas entre o 1 de xullo de 2015 e a data de remate do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, que nunca excederá o 31 de marzo de 2017.