El plazo de presentación finalizó el 18/01/2019

AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN FOEXGA 2019-2020

Finalidad / Objetivo

Aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para o desenvolvemento e execución do Plan de fomento das exportación galegas (en diante, Plan Foexga), coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de minimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser entidades colaboradoras as Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación galegas, que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen no artigo 6.

As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións indicadas no artigo 3.1 destas bases e o Igape. Serán as encargadas de organizar e executar as devanditas actuacións, promovendo a participación das pemes galegas.

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, para as empresas do sector pesqueiro e para as empresas do sector agrícola.

f) Que estean ao día de pagamentos adebedados ás cámaras.

2. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será, así mesmo, a encargada de informar puntualmente ao interesado sobre o estado da súa petición, os seus dereitos e obrigas, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 16.2. O Igape porá a disposición deste programa, unha aplicación no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es para os efectos de cubrir o cuestionario de solicitude de participación electronicamente.

Cualificación requerida del proyecto

As empresas deben estar dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013 (IG192).

Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionables as seguintes actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida nas que participen un mínimo de dúas empresas aínda que só unha teña dereito a subvención por estas bases:

a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro).

b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro, así como aqueles outros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou sipnosios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indudablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro.

Estas actuacións deberán executarse preferentemente nos países que se recollen no Anexo IV.

2. Gasto subvencionable: o importe facturado polas entidades colaboradoras para a organización e execución dos eventos subvencionables, polos seguintes conceptos:

- Viaxe dunha persoa da peme participante.
No caso das actuacións das citadas no artigo 3.1.b) dúas persoas por peme participante.
Unicamente se admitirán os gastos viaxe do persoal da peme participante, entendendo por tal calquera traballador da peme contratado por conta allea, accionista, propietario, administrador ou representante legal, ou persoal contratado doutro modo para labores de internacionalización da empresa.
Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús. Límites anexo V
Datas da viaxe subvencionable: entre a data da convocatoria e a data límite de presentación da solicitude de cobramento.

- Aloxamento dunha persoa da peme participante en réxime de aloxamento ou aloxamento e almorzo. No caso das actuacións das citadas no artigo 3.1.b), dúas persoas por peme participante.
Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoctas e tendo en conta os límites indicados no anexo V. No caso de accións en máis dun país, engadiranse un máximo de 3 pernoctas máis subvencionadas por país, cun máximo total de 12 pernoctas.

- Traslados en grupo a ou dende o aeroporto, así como aqueles que se realicen no país da actuación.
Só se subvencionarán os gastos de traslado de aqueles medios contratados para o desprazamento de polo menos un grupo de 5 persoas.

- Cotas de inscrición nos eventos promocionais non expositivos dos citados no artigo 3.1.b)
Cota ou fee de inscrición cun límite de 2.000 euros por evento.

- Parte proporcional do gasto da viaxe dunha persoa da cámara organizadora que viaxe para apoio técnico en destino.
Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús (Límites anexo V).

- Parte proporcional do gasto do aloxamento dunha persoa da cámara organizadora.
Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoctas e tendo en conta os límites indicados no anexo V.
No caso de accións en máis dun país, engadiranse un máximo de 3 pernoctas máis subvencionadas por país, cun máximo total de 12 pernoctas.

- Parte proporcional de gastos de dietas e desprazamentos locais dunha persoa da cámara que viaxe para apoio técnico en destino. Dietas e desprazamentos correspondentes ao número de días de pernocta en destino subvencionables, importe segundo per diem país. Límites establecidos na seguinte ligazón da Comisión Europea:
http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm (38% do importe per diem do país correspondente).

- Taxa de visado e seguro de viaxe dunha persoa da peme participante. No caso das actuacións das citadas no artigo 3.1.b) dúas persoas por peme participante, e parte proporcional dunha persoa da cámara organizadora.

- Asistencia externa en destino para a realización de axendas e para organización da acción. (Só no caso de que o Igape non poida facilitar estes servizos por medios propios).

- Gastos de intérpretes para accións individuais e conxuntas.

- Aluguer do espazo, stand e/ou salas para a realización da acción, gastos de decoración básica, aluguer de mobiliario, gastos de mantemento, inserción no catálogo de expositores e outros gastos de servizos inherentes ao evento expositivo.

- Gastos de envío de mostras sen valor comercial e catálogos co seu seguro correspondente.

- Gastos de organización da acción, información e asesoramento á peme (dossier de mercado, asesorías telefónicas, reunións previas, seguimento da axenda de entrevistas, elaboración de listados, xestión da subvención, informes, etc): 15 horas por peme beneficiaria participante no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) ou no caso de pemes beneficiarias que soliciten que a cámara lles facilite unha axenda de reunións. 10 horas por peme beneficiaria no resto de casos.
O custo elixible será o custo salarial (soldo, antigüidade, complementos salariais e custos de seguridade social), cun máximo de 40 euros/hora, correspondente ao tempo dedicado á prestación do servizo co límite de horas de dedicación indicado para cada concepto.

- Parte proporcional de horas de acompañamento á acción: A razón de 8 horas/por día de acción.

* Límite máximo de gasto subvencionable por todos os conceptos
Por cada peme beneficiaria e por cada misión na que participe: 4.000 euros
Por cada peme beneficiaria e por cada evento do tipo dos descritos no artigo 3.1.b) no que participe: 12.000 euros

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será dun 90 % sobre o importe dos gastos subvencionables.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (procedemento do Igape co código IG235).

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará aos 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará no prazo dun mes dende o día seguinte a esta data, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia (procedemento do Igape co código IG202).

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pagamento correspondente a un dos fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pagamento dun fondo EIE pode ser calculado para cada fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme o documento en que se establezan as condicións da axuda.
Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais (transporte de mercadorías por estrada 100.000 euros, no sector da pesca non poderán superar 30.000 euros, o sector agrícola 15.000 euros).

Referencia legislativa

Resolución do 30 de novembro de 2018 (DOG Nº235 do 11/12/2018) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

TRAMITACIÓN:

Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon a disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 900 815 151.
As entidades colaboradoras interesadas deberán acceder á aplicación informática accesible desde a oficina virtual do Igape (http://tramita.igape.es) para cubrir obrigatoriamente segundo o procedemento do Igape co código IG235 a solicitude de adhesión (anexo I) e o convenio de colaboración (anexo VIII). Xerarase un documento en formato PDF con estes dous anexos –o segundo por duplicado–.
Nesta aplicación deberá enumerar un conxunto de persoas da súa organización que serán as autorizadas por parte da entidade colaboradora para tramitar telemáticamente e asinar electrónicamente as solicitudes de axuda das subvencións. Para poder realizar estas tarefas, as persoas citadas deberán estar provistas de certificado X509v3 dunha das entidades certificadoras das admitidas pola Consellería de Facenda (consultar en tramita.igape.es)

Observaciones

O prazo de execución de cada actuación iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematarase no prazo dun mes a partir do día seguinte ao de finalización de cada actuación (e como data límite final o 31 de outubro de 2020), prazo no que se deberá presentar a solicitude de cobramento.