El plazo de presentación finaliza el 30/10/2020

IG257 - PRÉSTAMOS AVALADOS PARA APOIAR ÁS MICROEMPRESAS NO CONTEXTO DO ACTUAL BROTE DE COVID-19 - MICROCRÉDITOS (2020)

Finalidad / Objetivo

Favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as microempresas cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19.

Tipos de apoyo

O Igape reavalará ata un máximo do 25% do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.

O Igape subvencionará a fondo perdido un importe equivalente á suma dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta liña de financiamento.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias as microempresas (incluídos os autónomos), isto é, empresas que ocupen a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non supere os 2 millóns de euros, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no Anexo I.

2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión Comisión Europea.
b) As empresas en crise.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei de subvencións de Galicia.

Ademais, para ser beneficiaria desta liña de financiamento, deberán formalizar un préstamo a un prazo máximo de 5 anos, que será aplicado do seguinte xeito:

1) Un mínimo do 35% do seu principal será aplicado ao pagamento dos seguintes conceptos de gasto: pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos; pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións; pagamento de nóminas e seguros sociais; gastos financeiros operativos; pagamento de impostos e primas de seguros en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

2) Un máximo do 65% poderá ser aplicado á cancelación de débedas bancarias e outros conceptos, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes modalidades:

- Pagamento de cotas de préstamos, leasing e /ou renting vencidas ou que venzan durante os tres meses seguintes á data de formalización.
- Pagamento de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se manteñan abertas ata o seu vencemento.
- Débedas bancarias vencidas, cuxo vencemento se producise con posterioridade ao 1 de marzo de 2020.
- A comisión do aval, así como as achegas ao capital das sociedades de garantía recíproca.

Sectores incentivables

Todas as actividades excepto:

a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades que implican a utilización de animais vivos con fins experimentais ou científicos.
e) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
f) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
g) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

Requisitos principales del proyecto

1) Importe.

O importe do préstamo que se avale deberá ser igual ou superior a 3.000€ e igual ou inferior a 20.000€.

2) Prazo.

O prazo máximo do préstamo que se avale será de 5 anos, incluíndo 1 ano de carencia, como máximo.

3) Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual que poderán cobrar as entidades de crédito para as operacións de préstamo previstas nesta liña será fixo, cun máximo do 1,50%.

4) Subvención ao tipo de xuro.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente á suma dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade.

A subvención que, se é o caso, sexa concedida será determinada no momento da concesión, e pagarase á beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento conforme o artigo 11 das bases reguladoras. No caso de amortización anticipada do préstamo, a titular deberá reintegrar ao Igape a diferenza entre os xuros aboados e o importe da subvención.

5) Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir en concepto de apertura e estudo serán do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30€. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50% en concepto de comisión de aval, calculada para toda a vida da operación sobre o saldo vivo anual previsto do importe avalado e que será cobrada por anticipado; e ata o 4,00% do importe do financiamento avalado en concepto de achega ao capital social da SGR, que se aboará igualmente ao inicio da operación. Ambos os importes poderán ser financiados co préstamo avalado. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez que remate a súa relación coa SGR.

6) Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR polo 100% do risco.

As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración.

O máximo prazo de disposición e aplicación do préstamo ás finalidades previstas, finalizará aos 6 meses dende a data de formalización do préstamo.

Cuantía de las ayudas

Axuda en forma de garantía. Reaval ante SGR.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a suma dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape.

b) O 30 de outubro de 2020.

Incompatibilidades

A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de mínimis.

De xeito xeral, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais e, para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas cuxa actividade estea encadeada no Regulamento de minimis específico do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios, co límite establecido para España.

Referencia legislativa

Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG Nº28 do 11/02/2020) - Bases reguladoras da liña de financiamento lgape-pemes.
Resolución do 31 de marzo de 2020 (DOG Nº64 do 01/04/2020) - Modificación das bases reguladoras
Resolución do 9 de xullo de 2020 (DOG Nº137 do 10/07/2020) - Modificación das bases reguladoras
Cuestionario de exemplo

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica con certificado dixital.

A solicitude presentarase coa seguinte documentación electrónicamente:

a) En caso de persoas xurídicas:

1º Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.
3º No caso de entidades obrigadas a formular, aprobar e depositar contas anuais, contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil- ou noutro rexistro, segundo proceda- correspondentes ao último exercicio pechado, xunto co informe de auditoría de ser o caso.

b) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente. Así mesmo as comunidades de bens deberán presentar o Anexo III de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralla á entidade de crédito e á SGR, a través da extranet de entidades colaboradoras.

* Particularidades na tramitación das operacións acollidas a esta liña:

Para formular a solicitude, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións e renunciar a dereitos relacionados co expediente de axuda, a beneficiaria poderá apoderar a terceiras persoas, e en particular ás entidades colaboradoras, tanto entidades de crédito como SGR.

Observaciones

Relación de entidades financeiras adheridas:

- Caixa Rural Galega
- Abanca
- Bankinter
- Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
- Banco de Sabadell
- Banco Santander
- Caixabank