El plazo de presentación finalizó el 06/05/2021

AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN FOEXGA 2021-2022

Finalidad / Objetivo

O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:
a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/foexga a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras adheridas ao programa

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis.
f) Que estean ao día de pagamentos adebedados ás Cámaras.

2. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será así mesmo a encargada de informar puntualmente ao interesado sobre o estado da súa petición, os dereitos e obrigas da mesma, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 16.2. O Igape porá a disposición deste programa, unha aplicación no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es para os efectos de cubrir o cuestionario de solicitude de participación electronicamente.

Requisitos principales del proyecto

As empresas deben estar dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013 (IG192).

Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionables as seguintes actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida nas que participen un mínimo de dúas empresas aínda que só unha teña dereito a subvención por estas bases:

a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro), tanto en formatos presenciais como virtuais.
b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro, así como aqueles outros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou sipnosios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indudablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro. Tanto en formatos presenciais como virtuais.

Estas actuacións deberán executarse preferentemente nos países que se recollen no Anexo IV.

2. Gasto subvencionable: o importe facturado polas entidades colaboradoras para a organización e execución dos eventos subvencionables, polos seguintes conceptos e cos límites seguintes de gasto máximo subvencionable:

- Cotas de inscrición nos eventos promocionais non expositivos dos citados no artigo 3.1.b) - Cota ou fee de inscrición cun límite de 2.000 euros por evento.

- Asistencia externa en destino para a realización de axendas e para organización da acción. (Só no caso de que o Igape non poida facilitar estes servizos por medios propios).

- Gastos de intérpretes para accións individuais e conxuntas incluída a interpretación virtual.

- Aluguer do espazo, cotas de participación para as participacións en modalidade virtual, stand e/ou salas para a realización da acción, gastos de decoración básica, aluguer de mobiliario, gastos de mantemento, inserción no catálogo de expositores e outros gastos de servizos inherentes ao evento expositivo.

- Gastos de envío de mostras sen valor comercial e catálogos co seu seguro correspondente tato para accións presenciais como virtuais.

- Gastos de organización da acción, información e asesoramento á peme (dossier de mercado, asesorías telefónicas, reunións previas, seguimento da axenda de entrevistas, elaboración de listados, informes, e todas aquelas precisas para a eficiente organización da acción) - Máximo de 800 euros sempre que se trate dunha participación en feira ou misión comercial con elaboración de axenda. No caso de misión comercial sen elaboración de axenda o importe máximo será de 400 euros.

- Viaxe dunha persoa da peme participante. (2 persoas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) - Límites Anexo V. Datas da viaxe subvencionable: entre a data da convocatoria e a data límite de presentación da solicitude de cobramento. Só se subvencionaran os gastos correspondentes a avión, tren e/ou autobús.

- Aloxamento dunha persoa da peme participante en réxime de aloxamento ou aloxamento e almorzo. (2 persoas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) -Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoctas (7 pernoctas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) e tendo en conta os límites indicados no anexo V.
No caso de accións en mais dun país, engadiranse un máximo de 3 pernoctas mais subvencionadas por país, cun máximo total de 12 pernoctas.

- Traslados grupais ou individuais. - Só se subvencionarán os traslados dende ou ata lugares onde se celebren eventos agrupados incluídos no programa da misión ou feira e sexan contratados é facturados á cámara como organizador, exemplo traslados aeroporto, traslados a recinto feiral. Quedan excluídos os traslados ás reunións das axendas individuais de cada participante.

- Custo das entradas a Feiras, congresos ou eventos de recomendado interese e incluídos no programa das actuación. - Límite de 2.000 euros

- Taxa de visado e seguro de viaxe, incluídas as coberturas de cancelación, e custo de realización de probas PCR ou similares sempre que se consideren obrigatorias para a realización da viaxe, dunha persoa da peme participante. No caso das actuacións das citadas no artigo 3.1.b) dúas persoas por peme participante.

- Parte proporcional do servizo de acompañamento á acción para apoio técnico en destino. - Límites: 400 euros/dia por acción con independencia do numero de pemes participantes.
A prestación deste servizo por parte da Cámara será obrigatoria en calquera actuación agrupada cunha participación igual ou superior a 4 empresas. A cámara poderá solicitar a excepción desta esta obriga que se poderá acordar cando polas características da actuación desprenda que non aporta valor engadido a actuación.

- Parte proporcional dos gastos de viaxe e aloxamento das persoas da entidade colaboradora designadas para prestar o servizo de acompañamento, incluídos os seguros de viaxe, as probas PCR ou similares, e os visados correspondentes - Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoctas (7 pernoctas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) e tendo en conta os límites indicados no anexo V.
Só se subvencionarán os traslados dende ou ata lugares onde se celebren eventos agrupados incluídos no programa da misión ou feira e sexan contratados é facturados á cámara como organizador, exemplo traslados aeroporto, traslados a recinto feiral. Quedan excluídos os traslados ás reunións das axendas individuais de cada participante.

Límites máximo de gasto subvencionable por todos os conceptos:
Por cada peme beneficiaria e por cada misión na que participe: 6.000 euros
Por cada peme beneficiaria e por cada evento expositivo no que participe: 25.000 euros

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será dun 90 % sobre o importe dos gastos subvencionables.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (procedemento do Igape co código IG235).

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará aos 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará no prazo dun mes dende o día seguinte a esta data, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia (procedemento do Igape co código IG202).

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do gasto subvencionable, ou a intensidade máxima da axuda prevista para a outra subvención. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013), de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Referencia legislativa

Resolución de 15 de marzo de 2021 (DOG Nº58, 26/03/2021 ) - Bases reguladoras e convocatoria Plan Foexga 2021-2022

Información y tramitación en

TRAMITACIÓN:

As entidades colaboradoras interesadas deberán acceder á aplicación informática accesible desde a oficina virtual do Igape (http://tramita.igape.es) para cubrir obrigatoriamente segundo o procedemento do Igape co código IG235 a solicitude de adhesión (Anexo I) e o convenio de colaboración (Anexo VIII). Xerarase un documento en formato PDF con estes dous anexos –o segundo por duplicado-.

Nesta aplicación deberá enumerar un conxunto de persoas da súa organización que serán as autorizadas por parte da entidade colaboradora para tramitar telemáticamente e asinar electrónicamente as solicitudes de axuda das subvencións. Para poder realizar estas tarefas, as persoas citadas deberán estar provistas de certificado X509v3 dunha das entidades certificadoras das admitidas pola Consellería de Facenda e Administración Pública.

O usuario e contrasinal utilizado para o acceso á oficina virtual do Igape será, unha vez asinado o convenio, os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda, e para ver o seu estado.

Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada (Anexo I).

O formulario de solicitude de adhesión deberá vir acompañado da seguinte documentación:

a) Copia da escritura de constitución e estatutos, así coma do documento acreditativo do poder suficiente do representante legal da entidade, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
b) Certificado de situación censual emitido pola AEAT, no caso de estar exento do imposto de actividades económicas (IAE).
c) Dous orixinais do convenio de colaboración (Anexo VIII) asinados dixitalmente pola entidade colaboradora.

Observaciones

O prazo de execución de cada actuación iniciarase na data de solicitude e rematarase no prazo dun mes a partir do día seguinte ao de finalización de cada actuación (e como data límite final o 30 de novembro de 2022), prazo no que se deberá presentar a solicitude de cobramento.

Poderanse solicitar anticipos sobre cada actuación unha vez pechada a convocatoria de cada actuación no prazo de 10 días dende a emisión da acta da selección de empresas participantes en cada actuación. Os gastos cos que se xustifica o anticipo que se aboe no 2021 deben estar executados e pagados ata o 31 de decembro de 2021.