El plazo de presentación finaliza el 30/12/2021

IG260 - PRÉSTAMOS PARA INVESTIMENTOS ESTRATÉXICOS (2021)

Finalidad / Objetivo

Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, valorándose especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.

Tipos de apoyo

Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.
c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Poderán ser tamén beneficiarias incluíndo persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo, e se inclúan nalgún dos sectores de actividade financiables.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:
a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas en crise.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007.

Sectores incentivables

Os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

Sectores de actividade (CNAE):

03 Pesca e acuicultura
05 a 09 Industrias extractivas
10 a 33 Industrias manufactureiras
35 a 39 Fornecemento de enerxía e auga, e xestión de residuos e descontaminación
42 a 43 Construción de redes e construción especializada
46 Comercio por xunto e intermediarios, salvo vehículos de motor e motocicletas
49 a 53 Transporte e almacenamento
55 a 56 Hostalaría
58 a 63 Información e comunicacións2
69 a 75 Actividades profesionais, científicas e técnicas
77.3 Aluguer de maquinaria, equipamentos e bens tanxibles
79 Axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes.
80 a 82 Actividades de seguranza e investigación e outras actividades auxiliares das empresas
87 a 88 Asistencia en establecementos residenciais e servizos sociais sen aloxamento
90 a 93 Actividades artísticas, recreativas e de entretemento

- Excepto: 1) CNAE 12 Industria do tabaco, e 2) O que se refira ao sector das fibras sintéticas tal como o define o anexo II das directrices comunitarias sobre axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), DOUE de 4.3.2006.

- Excepto CNAE 60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión.

Requisitos principales del proyecto

1. O Igape poderá financiar proxectos empresariais, ou outro tipo de actuacións vinculadas a unha actividade económica, viables a implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no Anexo I para cada modalidade de préstamo.
Serán financiables os investimentos e gastos, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

2. Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.

3. Importe do financiamento:
O proxecto deberá presentar un custo financiable en activos fixos igual ou superior a 1.000.000 euros máis impostos. O importe nominal da operación de financiamento non superará en ningún caso a suma dos conceptos financiables do proxecto pendentes de pago.

Este límite non se aplicará aos proxectos que, ao amparo do previsto nos artigos 15 e 42 da Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, sexan declarados proxecto empresarial singular ou iniciativa empresarial prioritaria, respectivamente, ou formen parte dun proxecto que conte coa declaración de proxecto empresarial singular ou de iniciativa empresarial prioritaria, segundo corresponda.

4. Condicións do produto financeiro.
O importe mínimo do préstamo será de 500.000 euros e o máximo de 5.000.000 euros.
O importe mínimo anterior non será de aplicación nos proxectos referidos no segundo parágrafo do apartado anterior.
En ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.

5. Prazos de amortización e de carencia.
Axustados ao plan económico-financeiro, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

6. Tipo de xuro e axuda implícita.

a) Tipo de xuro ordinario.
Con carácter xeral, o tipo de xuro aplicable será fixo, determinado e liquidado conforme ao Anexo II destas bases. Non obstante o anterior, o tipo de xuro aplicable aos préstamos para proxectos consistentes en apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de activos/unidades produtivas que, de non ser adquiridas terían cesado no negocio, será inferior en 1,5 puntos porcentuais ao determinado conforme ao Anexo II. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0 %.
Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

b) Tipo de xuro de mora.
Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

c) Axuda implícita.
Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro determinarase aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado.
Non obstante o anterior, os préstamos aos que se lle aplique a rebaixa no tipo de xuro prevista no punto D.3.a), destinados ao financiamento de proxectos consistentes na apertura de novos establecementos ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de unidades produtivas que de non ser adquiridas terían cesado no negocio, incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

7. Plan de amortización.
Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización, unha vez finalizada a carencia. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.
A beneficiaria terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial da operación financeira, solicitando a liquidación mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles.

8. Garantías.
En función da dispoñibilidade e das características do proxecto.

9. Disposición dos fondos
O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo.
O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da beneficiaria, conforme ao modelo do Anexo VII.2.

Cualificación requerida del proyecto

1. Os proxectos que cumpran as condicións necesarias serán avaliados conforme aos seguintes criterios:

a) Baremación específica do proxecto para a modalidade de préstamo solicitada: Non se establecen criterios específicos de avaliación. Se concederán todas as solicitudes que superen os limiares de cualificación do risco e cumpran os requisitos das bases reguladoras, ata o esgotamento do orzamento.

b) Cualificación do risco de crédito: conforme á metodoloxía de avaliación descrita no Anexo IV, cualificarase o proxecto nunha das seguintes cinco categorías: «Excelente (AAA-A)», «Boa (BBB)», «Satisfactoria (BB)», «Deficiente (B)», ou «Mala/dificultades (CC)».

c) Cualificación da garantía, conforme aos criterios descritos no Anexo V, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: «Alta», «Normal» e «Baixa».

2. Para as puntuacións e cualificacións detalladas nos apartados a) e b) anteriores, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos nos citados Anexos I e IV respectivamente. Se unha solicitude non acada os devanditos limiares mínimos será denegada.

3. As solicitudes que cumpran os requisitos destas bases e superen os limiares de puntuación sinalados no apartado anterior deste artigo serán aprobados por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento da convocatoria para as distintas modalidades de préstamos, en réxime de concorrencia non competitiva.

Inversiones o gastos computables

Para esta modalidade de préstamo poderán ser financiados os seguintes elementos: Bens tanxibles, Bens intanxibles, e capital de explotación.
O investimento en capital de explotación non poderá superar o 50% do gasto financiable total.

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, que deberá cumprir os seguintes dous requisitos:
1º. A contía financiable por este concepto será calculada pola solicitante, sustentando as súas necesidades cunha metodoloxía analítica, sobre a base das previsións de incremento de actividade a consecuencia do proxecto, detallando custos, marxes e períodos medios de pagamento a provedores, almacenamento, fabricación, venda e cobro a clientes.
2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pago de conceptos de gasto corrente do exercicio. A beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, na que abonará as disposicións e na que poderanse cargar exclusivamente:
i) Pagos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.
ii) Pagos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións.
iii) Pagos de nóminas e seguros sociais.
iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica.
v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

Os fondos non poderán destinarse a refinanciar débedas bancarias, saneamento de contas, ou a atender vencementos de cotas de préstamos, leasing ou outras operacións financeiras, nin utilizarse como depósito para constituír garantías. En ningún caso realizaranse disposicións en efectivo, cheques ao portador ou transferencias a outras contas da mesma empresa, aínda que posteriormente sexan aplicados ás finalidades previstas.

Cuantía de las ayudas

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro determinarase aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado.

Non obstante o anterior, o tipo de xuro aplicable aos préstamos para proxectos consistentes en apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de activos/unidades produtivas que, de non ser adquiridas terían cesado no negocio, será inferior en 1,5 puntos porcentuais ao determinado conforme ao Anexo II, incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Os préstamos contemplados nestas Bases Reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

Referencia legislativa

Resolución do 23 de abril de 2021 (DOG Nº85 do 06/05/2021) - Bases reguladoras dos préstamos directos

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es


* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de http://www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) A documentación específica sinalada no Anexo I para cada modalidade de préstamo, neste caso, unha memoria do Proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:
- Antecedentes da empresa e dos seus promotores: Historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).
- Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.
- Descrición do proxecto: Obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).
- Análise económica do proxecto (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do proxecto de investimento.
- Relación de investimentos a realizar que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e co concepto Industria 4.0: Robotización e robotización colaborativa, Fabricación aditiva, Sensórica e actuadores mecatrónicos, Sistemas ciber-físicos, Automatización total ou estendida, Intercomunicación máquina-máquina, Conectividade total ou estendida, vehículos autónomos-optimización de fluxos e redución de custos, Personalización de produtos, Internet das cousas, internet de equipos e máquinas, Dixitalización, Big Data, Cloud computing e ciberseguridade aplicadas á industria, Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministración coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos, Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible (https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de persoas xurídicas:
1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.
3º. Contas anuais, auditadas se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

e) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

f) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

g) No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

h) Relación detallada dos investimentos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

i) Copia do contrato de aluguer/concesión/superficie do inmoble obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

j) Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observaciones

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de cinco meses desde a data de presentación da solicitude e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 31.03.2023.

O beneficiario deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30.12.2022.