NOTA: A SELECCIÓN PARA ESTE PROGRAMA XA FINALIZOU. CONSULTAR BOLSAS 2017
23/11/2016: Curso de formación:
- Plataforma de Teleformación: Pulsa aquí para conectar.
- Plan formativo do curso.
- Correo para cuestións relacionadas coa formación: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
12/9/2016: Publicación da proposta provisional - Debe entregarse a documentación en 10 días hábiles (data límite: 23 de setembro de 2016). [Consultar aquí a proposta provisional].
O obxecto destas axudas é a concesión de 100 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o Plan Formativo do anexo III destas bases, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa.
Os titulados incorporaranse a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a continuación realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clusters empresariais, período no que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.
O programa foi publicado no DOG de 16/06/2016, con un mes de prazo de presentación de solicitudes.
¿Cando poderei incorporarme á bolsa en caso de sair na lista definitiva?
Os bolseiros se irán incorporando ós distintos destinos segundo se vaian asinando os convenios coas entidades colaboradoras, e isto podería ser en calquer intre durante os 12 meses seguintes, tempo no que estará vixente esta lista.
Se desexa solicitar unha bolsa, pode consultar a seguinte documentación:
- Guía detallada da tramitación de solicitudes: cómo utilizar a oficina virtual do IGAPE para completar o cuestionario de solicitude.
- Preguntas máis habituais recibidas no servizo de información do IGAPE.