reforma15Benvidos ao espazo web do PROGRAMA REFORMA15 para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar.

Se vostede representa a un establecemento de venda interesado en ser entidade colaboradora, debe adherirse canto antes. Pulse aquí para máis información.

¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA15?

Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.


As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido, entre o 6 de outubro e o 30 de novembro de 2015 (ou ata agotar o crédito dispoñible). 
Consulte aquí os establecementos adheridos.

A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos os electrodomésticos e as obras.

A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.

A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.

Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio, é só un domicilio por persoa solicitante da axuda.

Se vostede é un particular interesado en adquirir materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar en Galicia, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Progama, que estarán debidamente identificados mediante o cartel "Establecemento Adherido". 

Información de interese:

1. Teléfono de información: 900 81 51 51

2. Preguntas máis habituais.

3. Establecementos adheridos ao programa.

4. Bases reguladoras (D.O.G.) e prórroga do prazo de presentación de solicitudes

 

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Logo Fondos Europeos