Reforma17: Preguntas máis habituais

18/11/2017: ORZAMENTO ESGOTADO

¿En que consisten as axudas do Reforma 17?

Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais de rehabilitación ou mobiliario de cociña e/ou baño, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhirán a esta convocatoria.

A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construcción para a rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos a man de obra ; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.

A compra máximo é de 5.000 euros en unha ou varias veces.

A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos, adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.

Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio.

¿Cando está previsto que arranque o programa?

PRAZOS:

ADHESIÓN: 28/9/2017 à 27/10/2017

SOLICITUDES: 11/10/2017 à 30/11/2017

XUSTIFICACIÓN: 7/12/2017

¿Que teño que facer si quero pedir esta axuda?

Dirixirse a un Establecemento Adherido ao Reforma 17, para saber cales son, pode consultar  a páxina web do IGAPE: http://www.igape.es/reforma17 ou informarse chamando o teléfono de información do IGAPE: 900 815 151.

Estes establecementos teñen unha pegatina idetificativa de estar  adherido ao Programa Reforma 17.

Levar o seu DNI e un recibo de algún suminsitro (luz, auga..etc) ou certificado de empadroamento, ou a escrituta da vivenda ou o recibo do IBI  para xustificar a propiedade ou residencia no domicilio. Calquera destes xustificantes debe estar a nome do solicitante da axuda e referirse ao domicilio da reforma.

Escoller as pezas de mobiliario ou materias de construcción que vai empregar na súa reforma, por un importe mínimo de 1.000€ sen impostos.

O Establecemento Adherido tramitará a súa solicitude por medios telemáticos ao IGAPE.

O Establecemento Adherido emitiralle a factura unha vez presentada a solicitude. Esta factura xa leva o desconto e a subvención polo que xa vai pagar o importe coas condicións do Reforma 17.

Unha vez presentada a solicitude, só lle queda pagalos a través de transferencia bancaria ou ingreso identificando o seu nome e o número da factura (non se admiten pagamentos en metálico) e realizar a reforma e instalar  os bens adquiridos no prazo máximo de 3 meses.

¿As obras están incluídas na axuda?

Non están incluídas as obras de reforma nin os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.

Para pedir a axuda ¿Teño que ir ao IGAPE?

Non, a tramitación realizase dende o establecemento adherido, debe lembrar acudir co DNI e un xustificante  de residencia no domicilio no que vai realizar as obras: Copia da escritura da vivenda a nome do solicitante, ou recibo do imposto de bens inmobles (IBI) ou dalgún subministro (auga, gas, electricidade, etc., sempre que estea ligado a un domicilio concreto) ou certificado de empadroamento a nome do solicitante.

Daquela, se quero comprar unha lavadora ¿teño algún tipo de desconto?

Os electrodomésticos non están incluídos no Programa Reforma 17 só os materiais de construción e mobiliario. As obras para a instalación destes materiais tampouco se poden acoller a este programa.

¿Canto vou pagar de menos se me acollo ao plan Reforma 17?

En total, o importe do desconto é dun 40% da compra calculado antes de impostos. A diferencia é que o establecemento aplica o seu desconto antes de impostos e a subvención aplícase como minoración no importe final. Deste  xeito, vostede pagará entre un 36% e un 38% menos do que lle ía costar, dependendo do IVE aplicable.

¿Podo comprar material de reforma ou mobles de cociña e baño en calquera establecemento de Galicia?

Non, só nos establecementos adheridos ao Programa Reforma 17

Quero reformar o meu baño ¿Como sei onde podo comprar os bens?

Para acollerse as axudas do Programa Reforma 17 debe realizar a compra nun establecemento adherido ao Programa Reforma 17.

Para saber cales son: Unha vez comezado o programa, poderá consultar a lista na páxina web do IGAPE ou informarse chamando o teléfono de información do IGAPE: 900 815 151

Non teño acceso a internet. ¿Como podo enterarme de cales son os establecementos adheridos ao programa?

Pode informarse chamando o teléfono de información do IGAPE: 900 815 151

Xa teño todo decidido ¿Podo comprar agora mesmo?

Poderá solicitar a axuda Reforma 17 a partir do 11 de outubro nun dos establecementos colaboradores adheridos. É imprescindible solicitar a axuda a través dun deles antes de pagar

Eu xa teño empezada a obra ¿Podo acollerme ao Reforma17?

Tódolos gastos realizados antes da solicitude da axuda non son subvencionables.

Unha vez publicadas as axudas e adheridos os establecementos colaboradores pode consultar a lista de establecementos adheridos e realizar a compra nun deles, a parte de materiais e mobiliario que lle falten por adquirir, sempre que esta compra sexa de polo menos 1.000€ sen impostos.

A man de obra da reforma non pode acollerse a este programa e tampouco as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.

Se se esgota o presuposto para as axudas ¿que pasa?

En xeral, que non se aceptarán máis solicitudes de axuda, salvo que se amplíe o crédito. É por iso que, se quere acollerse ao programa, é importante que o solicite o antes posible.

 ¿Canto tardarei en cobrar a axuda?

Os clientes dos establecementos perciben as axudas (desconto+axuda) no momento da compra xa que estes importes xa van minorados na factura. O IGAPE máis tarde pagaralles aos establecementos.

¿Cales son as obrigas a cumprir polos beneficiarios?

As principais obrigas son:

- Adquirir os bens nun establecemento adherido ao Reforma 17.

- Pagalos a través de transferencia bancaria ou procedemento similar (non se admiten pagamentos en metálico).

- Instalalos no domicilio indicado no prazo de 3 meses.

(para coñecer o resto de obrigas, consulte o artigo 9 das bases reguladoras).

¿Podo comprar pezas ou mobiliario de cociña e baño en varias tendas?

Si, sempre que cada compra individual sexa de ao menos 1.000€ sen impostos hasta un máximo de 5.000€ en total en unha ou varias compras.

¿Todo o mundo pode ter acceso a esta axuda?

Calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino), pero non máis dunha persoa por cada domicilio. A persoa que solicita a axuda queda obrigada a instalar os bens adquiridos no domicilio indicado nun prazo de tres meses.

¿Podo comprar artigos para instalar na miña vivenda habitual e outros para a casa da praia?

Sí, pero sempre sen superar o límite dos 1.000 euros de axuda por persoa (levarían aparellados outros 1.000 € de desconto do establecemento).

¿Están incluídos as compras en tubos ou o cableado necesarios para a reforma do baño ou cociña?

A adquisición de tubos e cables poderase entender incluido sempre que:

• A compra se efectúe nun establecemento colaborador co Programa Reforma 17, e

• Se poida, polas características da compra (tipo, cantidade, coste.. etc), vincular a unha rehabilitación de cociña ou baño, para o cal se poderá ter en conta que se realice conxuntamente con outro material de construcción e/ou mobiliaro de cociñas e baño para alcanzar o importe de compra mínima de 1.000€ sin impostos. Non se aceptarán operacións nas que os tubos ou cableado non sexan proporcionais ao que representaría unha remodelación de cociña e baño.

E por suposto tendo en conta que se cumplan as demais condicións do Programa: Domicilio en Galicia, maioría de idade...etc.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM