reforma17

 

Benvidos ao espazo web do PROGRAMA Reforma-Tur 19 para adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia.


Se vostede representa a un establecemento de venda interesado en ser entidade colaboradora, debe adherirse canto antes: o prazo é entre o 29 de xaneiro de 2019 e o 28 de marzo de 2019. Pulse aquí para máis información.

¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA-TUR?

Son axudas do IGAPE a hoteis, albergues e casas de turismo rural para realizar reformas, tramitadas directamente polos establecementos de venta de material e complementadas con descontos directos na factura, que se traducen nun aforro do 50% na adquisición dos bens subvencionables.

Beneficiarios :
a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 prazas, definidos no Capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016.
b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004 situados no Camiño de Santiago.
c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.

Os establecementos deben estar autorizados ou clasificados conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT), cunha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a cinco anos á data de publicación da convocatoria de axuda.

Os bens obxecto de axuda para rehabilitación e reforma son:
- Materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc.
- Materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación, para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas.
- Sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
- Sistemas de iluminación
- Sistemas domóticos
(Os bens obxecto de axuda deberán ser empregados na reforma mediante instalacións fixas e constituír un compoñente da obra a realizar. Non se subvencionarán elementos non fixos.)

As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido. O prazo para solicitar as axudas comezará o 28 de febreiro. Pode consultar nesta páxina os establecementos adheridos.  

A axuda do IGAPE é dun 25% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 25.000 €). Adicionalmente o establecemento de venta que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.

A compra mínima é de 10.000 euros (sen impostos) antes do desconto. A subvención máxima por establecemento hoteleiro é de 25.000 €.

Se vostede é o titular dun hotel, albergue ou casa de turismo rural interesado en adquirir materiais, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Programa, que estarán debidamente identificados mediante o cartel "Establecemento Adherido". 

Información de interese:

  1. Enderezo do programa: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  2. Ver ficha na base de axudas ]
  3. Establecementos de venda de materiais adheridos ao programa
  4. Bases reguladoras (DOG)

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM