| Espagat xunta a medicina co exercicio e a estética nun dos primeiros SPAs urbáns de Santiago |
|
|
Espagat é un complexo dedicado á saúde no que os seus clientes poden desfrutar de numerosos servizos médicos, de fitness, estética e Océano-spa. O seu principal obxectivo é conseguir o benestar dos usuarios, evitando que corran riscos de saúde mediante a súa preparación física e psicolóxica para afrontar a vida diaria.
Santiago, 15 de xuño de 2007.- O complexo Espagat, situado en Santiago de Compostela, é un dos primeiros centros que ofrece servizos de spa, xunto con instalacións deportivas, servizos médicos e estéticos aos seus clientes. Segundo explica José Cortés, xerente da empresa, Espagat é o único negocio deste tipo que mezcla a medicina co exercicio e a estética, diferenciándose da competencia e ofrecendo aos usuarios un servizo innovador.
As actividades ofertadas inclúense dentro dos diferentes departamentos que presenta o centro: fitness, estética e Océano-spa. Dentro da primeira liña, Espagat conta cunha ampla oferta de actividades como o exercico con pesas sincronizado con música (body pump), body balance (actividade fundamentada nos principios de ioga, tai chi, pilates e outras disciplinas), a combinación de aeróbic con exercicios de forza e estabilidade (body attack), ioga, tai chi, pilates ou spinning, entre outros.
O departamento de estética pon a disposición dos seus usuarios varios servizos entre os que se inclúen tratamentos xeotermais, tratamentos faciais, depilacións, pedicuras, manicuras, raios UVA, tratamentos de chocolate ou viño ou fisioterapia. Por último, dentro de Océano-spa, ofértanse numerosos tratamentos altamente beneficiosos para a saúde, cando se está san, e que tamén axudan á mellora de doenzas de diferente índole: dende o insomnio ata a depresión ou doencias musculares, por exemplo. Estes tratamentos de hidroterapia que inclúen duchas jet, duchas vichy, duchas de esencias, piscinas frías, camas de masaxes, pediluvios ou zonas de relajación, nas que se aplican masaxes localizadas.
Preocupación pola saúde
Dende o ano 1984, Espagat funcionaba como un ximnasio máis na cidade de Compostela, recoñecido pola Xunta de Galicia coma un dos mellores da comunidade. Recientemente, segundo explica Cortés, a empresa levou a cabo unha ampliación e reforma do negocio que o convertiu no complexo de saúde que é hoxe en día. Con esta nova andadura empresarial, apoiada polo programa Emprendedores do Igape, a empresa conseguiu dar unha maior oferta ao cliente adaptándose ás súas necesidades e desmarcándose do resto de instalacións, explica Begoña Sánchez, directora do centro.
Segundo afirman os responsables da empresa, un dos seus principais obxectivos é intentar conseguir a boa saúde dos clientes por medio do exercicio e o cambio de hábitos alimenticios. O que buscan en Espagat é, evitar que a saúde da xente corra riscos mediante a preparación, tanto física como psicolóxica, para afrontar o día a día, aseguran. Con este fin, o centro conta con servizos médicos polos que deben de pasar todos os seus clientes a primeira vez que acoden ao complexo. O médico, depois de facer unha completa análise, decide cales son os tratamentos ou actividades que máis lle conveñen a cada persoa, segundo as súas características e necesidades, e todo o equipo de Espagat segue rigurosamente a evolución de cada caso particular.
Un servizo que gana adeptos
Os servizos de Espagat están dirixidos a todos os públicos, a directora do centro sinala que o perfil dos seus clientes responde a persoas de clase media, cunha idade comprendida entre os 25 e os 70 anos, que están informadas sobre estes servizos de excepción e que se preocupan bastante pola saúde.
A adaptación de Espagat a un centro dedicado enteiramente á saúde dos composteláns, foi unha aposta importante que segue claramente a liña marcada pola tendencia actual da sociedade: a preocupación pola saúde e o papel que xoga a prevención. Como explica José Cortés, pouco a pouco os cidadáns danse conta de que o Spa Urbán, ademais de ser unha boa opción para as fins de semana, é unha forma estupenda de relaxarse diariamente despois da xornada laboral, precisamente porque nas nosas instalacións poden desconectar da súa rutina.
O xerente de Espagat confirma que as expectativas son moi boas, xa que cada vez son máis os usuarios que descubren os beneficios que poden proporcionar estes servizos. A oferta conxunta que facemos de entrenamento físico (sempre baixo vixianza médica), de relaxación e prevención, cos tratamentos de hidroterapia e de coidado estético do noso corpo, é unha fórmula de éxito ao alcance de todos, sinala Begoña Sánchez.
|
|
| Última actualización ( 03/07/2007 ) |


Segundo afirman os responsables da empresa, un dos seus principais obxectivos é intentar conseguir a boa saúde dos clientes por medio do exercicio e o cambio de hábitos alimenticios. O que buscan en Espagat é, evitar que a saúde da xente corra riscos mediante a preparación, tanto física como psicolóxica, para afrontar o día a día, aseguran. 