Exportación Galega PDF
Base de datos de empresas exportadoras galegas clasificadas por produto, empresa e país.
 
Exportación Galega é un servizo on-line aberto a aquelas empresas galegas que xa teñen presenza en mercados exteriores ou para aquelas que desexan facelo.
 
Este portal ofrece información actualizada de máis de 2.000 empresas e produtos galegos, catálogos dos sectores produtivos máis representativos así como novas de interese.
 
A finalidade deste servizo é promocionar as empresas e produtos galegos no exterior a través de Internet. Queremos reunir o maior volume de información posible sobre as nosas empresas e os seus produtos para dalos a coñecer en todo o mundo.
Para elo ofrecémoslle un espazo gratuíto (Ficha de Empresa e Fichas de Produto) onde poderá mostrar con imaxes o que a súa empresa ofrece a posibles compradores.
 
Obxectivos:
  • Potenciar a exportación dos produtos e empresas galegas.
  • Ampliar mercados.
  • Poñer a disposición de calquera empresa ou persoa, información sobre a comercialización exterior galega dunha forma segmentada, clara e útil.
  • Facilitar unha ferramenta útil para poder xerar posibilidades de negocio, grazas á información contida sobre os diversos produtos e as súas características, ademais dos datos fundamentais das empresas exportadoras galegas co obxecto de permitir un rápido e fácil contacto.
 
Se ten interese en incluír a súa empresa neste portal pode facelo seguendo as instruccións indicadas no portal Exportación Galega
 
Temas relacionados:
 
 
Última actualización ( 20/01/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design