O Igape apoiará con 4 millóns de € proxectos de investimento tecnolóxico e industria ambiental PDF
O Instituto convocou de novo apoios para incentivar proxectos colaborativos de carácter empresarial, cunha dotación prevista de un millón de euros máis. Para o fomento de iniciativas  xeradoras de coñecemento nas pemes, diagnósticos e proxectos de deseño, tamén se abre unha nova convocatoria que remata, en todos os casos, o 15 de outubro próximo.
 
Santiago, 10 de setembro de 2007.-Ata o próximo 15 de outubro está aberto o prazo de presentación de solicitudes de apoio para proxectos de investimento tecnólóxico en diversos sectores incentivables ou en equipamento en xeral no sector tustístico, segundo a nova convocatoria publicada no DOG o pasado 24 de agosto. Ao mesmo tempo, o Igape volveu a convocar axudas para proxectos de investimento para ampliación de industrias ambientais existentes, e para o fomento das iniciativas xeradoras  de coñecemento nas pemes galegas a través de proxectos de diagnose, elaboración de estudos e implantación de medidas, ou mediante proxectos de deseño. Do mesmo xeito, o Instituto convocou de novo apoios para incentivar proxectos colaborativos de carácter empresarial. 
 
Mediante a liña para apoiar proxectos de investimento empresarial de carácter tecnolóxico con importes proxectados que superen os 600.000 euros, o Igape respaldará os investimentos en bens de equipo de carácter tecnolóxico que aborden as empresas de variados sectores de actividade, dende a industria e o transporte aos servizos avanzados; dende as empresas con actividades de electrónica, biotecnoloxía ou robótica, aos investimentos tecnolóxicos do sector audiovisual ou do telemático, entre outros; no sector turismo poderán ser apoiados investimentos en equipamento en xeral (en hoteis de catro ou máis estrelas, balnearios e baños). Do mesmo xeito, son apoiables no marco desta liña de axudas os investimentos en adquisición de propiedade intelectual e industrial.
 
PROC.  
LIÑAS DE AXUDAS
PRAZO PRESENTACION
INVESTIMENTO EN NOVOS EMPRAZAMENTOS, OU AMPLIACIÓN OU MODERNIZACIÓN DE INSTALACIÓNS PREEXISTENTES (Artigo 4.1.1)
Ata derogación expresa
NOVOS CENTROS DE SERVIZOS AVANZADOS, INTENSIVOS EN CREACION DE EMPREGO (Artigo 4.1.2)
Ata derogación expresa
AXUDAS A PROXECTOS MEDIOAMBIENTAIS DE NOVOS EMPRAZAMENTOS E AMPLIACIÓNS SUPERIORES A 3.000.000€ (Artigo 6.4.2)
Ata derogación expresa
INVESTIMENTO EMPRESARIAL DE CARÁCTER TECNOLOXICO (Artigo 5.1.1)
15/10/2007
PROXECTOS DE INVESTIMENTO TECNOLOXICO DAS PEMES (Artigo 5.1.2)
31/08/2007
CONSULTORIA DE PROCESO E IMPLANTACIÓN DE FERRAMENTAS DE XESTIÓN E CADROS DE MANDO (Artigo 5.1.3)
31/08/2007
PROXECTOS MEDIOAMBIENTAIS DE AMPLIACIÓN ATA 3.000.000€ (Art. 6.4.1)
15/10/2007
PROXECTOS EMPRESARIAIS DE NOVOS EMPRENDEDORES (Artigo 7)
01/10/2007
DIAGNOSE, ELABORACION DE ESTUDOS E IMPLANTACION DE MEDIDAS (Artigo 4)
15/10/2007
PROXECTOS DE DESEÑO (Artigo 5)
15/10/2007
PRESENZA NUN DETERMINADO EVENTO EXPOSITIVO INTERNACIONAL (Art. 6.1.1)
31/10/2007
PROXECTOS DE COOPERACIÓN, DIRIXIDOS Á CREACIÓN DE ALIANZAS INTEREMPRESARIAIS (Artigo 6.1.2)
31/10/2007
PROXECTOS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL CUALIFICADO (Artigo 7)
Pte. Convocatoria
PROXECTOS TRACTORES DE EMPRESAS DESENVOLVEDORAS DE SOFTWARE EN CÓDIGO ABERTO (Artigo 8)
31/05/2007
AXUDAS A INICIATIVAS DE DIFUSIÓN (Artigo 4)
31/10/2007
PROXECTOS DE SERVIZOS MANCOMUNADOS (Artigo 5)
31/07/2007
PROXECTOS DE BENCHMARKING EMPRESARIAL (Artigo 6.1.1)
31/05/2007
PROXECTOS DE ESPECIALIZACIÓN PROFESIONAL (Artigo 6.1.2)
15/10/2007
PROXECTOS QUE PROPOÑAN  PARTICIPACIÓN DINAMIZADA DUN CONX DE PEMES NUN ESPAZO FÍSICO OU VIRTUAL (Artigo 6.1.3)
15/10/2007
ELABORACIÓN PLANS ESTRATÉXICOS DE INNOVACIÓN E COMPETITIVIDADE OU INTERNACIONALIZACIÓN COOPERATIVOS (Artigo 7.1.1)
15/10/2007
PROXECTOS DE COORDINACIÓN PÚBLICO-PRIVADA DE PLANS PREEXISTENTES (Art. 7.1.2)
31/05/2007
PREPARACIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN PARA CONCORRER A CONVOCATORIAS PÚBLICAS(Artigo 7.1.3)
31/10/2007
POSTA EN MARCHA E IMPLANTACIÓN DE PLANS COOPERATIVOS PREVIAMENTE CONSENSUADOS (Artigo 7.1.4)
Pte. Convocatoria
MISIONS DIRECTAS A ALEMANIA, POLONIA, CHINA, XAPON E EEUU (Artigo 8.1.1)
31/10/2007
MISIONS INVERSAS DE CALQUERA PAIS ESTRANXEIRO A GALICIA (Artigo 8.1.2)
31/10/2007
REDE IGAPE – TECIDO ASOCIATIVO GALEGO (Artigo 9.1.1)
15/06/2007
REDE - IGAPE – ORGANISMOS GALEGOS DE APOIO EMPRENDEDORES (Art. 9.1.2)
15/06/2007
 
Proxectos ambientais
O Instituto ven de publicar tamén unha nova convocatoria de apoio para proxectos ambientais de ampliación con investimentos a partir de 600.000 euros e ata tres millóns. Neste caso, o obxectivo do Igape é apoiar a implantación de proxectos industrias de eliminación, valoración ou reciclaxe de residuos, redución ou eliminación da contaminación.
 
Tamén serán subvencionables os investimentos e gastos computables destinados a bens de equipo, por unha banda, e a adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes. A axuda mínima será dun 15% da base subvencionable e poderá chegar a cubrir o 30%.
 
Ao mesmo tempo, o Instituto convocou as súas axudas a proxectos colaborativos de carácter empresarial, ben para proxectos  de especialización profesional, para proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a xeración de proxectos de innovación cooperativos ou para a elaboración  de plans estratéxicos  de innovación e competitividade ou de internacionalización, cooperativos.
 
Do mesmo xeito, o Igape fixo unha nova convocatoria de apoios para o fomento de iniciativas de coñecemento nas pemes, a través de axudas para elaboración e implantación de diagnósticos ou para proxectos de deseño corporativo.
 
Con esta nova convotoria de liñas de axuda en réxime de concorrencia competitiva o Igape procura dar continuidade á oferta de apoios en áreas de especial interese para que as empresas galegas poidan incrementar a súa produtividade.
Última actualización ( 07/11/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design