| Misións, feiras e outras accións promocionais de participación agrupada organizadas polo Igape |
|
|
A través das súas oficinas no exterior, o Igape organiza a participación agrupada de empresas galegas nunha serie de feiras internacionais que se celebran principalmente nos países onde o instituto dispón de centros de promoción de negocios (CPN).
As feiras programadas actualmente son as que figuran máis abaixo, nun espazo que se irá actualizando coa incorporación de novos eventos. Clicando en cada feira pódese consultar unha ficha con información adicional onde figura a data límite para a admisión de inscricións en cada caso.
O Igape organizará para cada unha das empresas que así o solicite unha axenda de entrevistas paralela á celebración da feira; do mesmo xeito, o instituto ofrécese para colaborar coa empresa no seguimento dos contactos que se inicien a raíz da participación nas feiras. As empresas que queiran participar deben cubrir o formulario de inscrición que poden imprimir neste mesmo sitio, asinalo e remitilo ao Igape, ao número de fax que se indica no mesmo. A admisión das empresas farase por orde cronolóxica de recepción dos formularios. Excepto para as feiras que organiza o ICEX coa colaboración do Igape e teñen o seu formulario de inscrición que se débe remitir directamente ao ICEX.
Temas relacionados:
|
|
| Última actualización ( 28/05/2010 ) |


