O presidente da Xunta basea o éxito do Plan Ferrol na cooperación da sociedade e as administracións PDF
Touriño mantivo un almorzo de traballo, xunto ao ministro de Industria, Xoán Clos, con representantes da vida social, económica e cultural de Ferrol. Previamente, ambos participaron nun encontro coa Asociación impulsora do Plan Ferrol no que participaron o Conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, e o director xeral do Igape, Álvaro Álvarez-Blázquez.
 
Santiago, 11 de xullo de 2007.- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou este mediodía en Ferrol que a cidade está a vivir “unha oportunidade única” xa que dispón da cooperación activa e do compromiso compartido da Asociación Impulsora do Plan Ferrol, do Concello de Ferrol e da implicacións activa da Xunta e do Goberno de España. “Danse todas as condicións para o éxito do Plan Ferrol”, dixo Touriño quen destacou, tamén, que Ferrol está “marchando ben”, que no último trimestre se producironse 600 novas altas de afiliación á Seguridade Social nesta comarca e que o paro se ten reducido nos últimos 2 anos máis dun 9 por cento. Ademais, dixo Touriño, “estase creando tecido produtivo e empresarial na comarca”.
 
ImageTouriño presentou esta mañá na cidade departamental o Plan Ferrol á sociedade ferrolá e lembrou que un dos obxectivos deste plan é multiplicar por 4 o crecemento desta comarca e crear máis de 4.000 novos empregos. Paralelamente, promoverase a posta en marcha dun novo modelo de desenvolvemento. Ademais, o presidente da Xunta sinalou que as infraestruturas de Ferrol están vivindo un “momento decisivo” con obras como a autovía de conexión Ferrol-Vilalba na que o tramo central, As Pontes-Cabreiros, estará en servizo no verán de 2008 e o tramo Cabreiros-Vilalba estará adxudicado de forma inmediata.
 
Ademais, Touriño destacou que o corredor norte, a vía de alta capacidade do norte que conecta coa Autovía do Cantábrico, conta con todos os seus tramos en execución de proxecto e, paralelamente, detallou que a partir do outono comezarán na variante de Ortigueira e, a partir de aí, de forma inmediata no resto do corredor. Esta obra conta cun investimento de 285 millóns de euros.

Horizonte moi esperanzador
Pola súa banda, o ministro de Industria, Joan Clos, puxo de manifesto o “interese especial” que tiña en visitar Ferrol e amosouse moi “impresionado” polo traballo compartido que se está a realizar nesta comarca para preparar o futuro de Ferrol. Clos amosouse convencido de que “Ferrol ten diante de si un horizonte moi esperanzador” e comprometeu o apoio do Ministerio que dirixe no obxectivo de dinamizar Ferrol.
Última actualización ( 30/07/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design