| O Goberno concederá 47,43 millóns de euros en axudas a proxectos de reindustrialización en Ferrol |
|
|
O prazo para solicitar as axudas do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para proxectos de reindustrialización e infraestruturas en 2008, publicadas onte no BOE, está aberto durante trinta días naturais a contar desde hoxe. As axudas veñen complementar as subvencións de especial intensidade que manten operativas o Igape para apoiar investimentos nesa zona. O Instituto manterá a súa colaboración na avaliación das iniciativas presentadas ao abeiro da convocatoria do Ministerio.
Santiago, 23 de outubro de 2007.- O Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITYC) concederá en 2008 ata 47,43 millóns de euros en préstamos e subvencións para apoiar proxectos destinados a contribuir á reindustrialización das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. As empresas e entidades interesadas en promover proxectos industriais ou de infraestruturas poden presentar, a partir de hoxe, e durante trinta días naturais, as súas solicitudes de axuda, de acordo coa resolución da Secretaría xeral de Industria publicada onte no Boletín Oficial do Estado.
Estas axudas veñen complementar as subvencións a fondo perdido que mantén operativas o Igape para apoiar os novos investimentos nestas comarcas, no marco do Plan de desenvolvemento integral. O Instituto mantén apoios de especial intensidade para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, apoios que garanten unha subvención mínima que cubrirá o 15% dos investimentos subvencionables a partir de 300.000 euros, no caso de proxectos de nova implantación na comarca; e do 10% en proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnolóxica. O Igape manterá, por outra parte, a súa colaboración no proceso de avalización dos proxectos presentados ao abeiro das axudas do Ministerio de Industria para 2008.
Da contía máxima total das axudas a conceder polo MITYC para o ano 2008, corresponden a créditos reembolsables 43,86 millóns de euros a xuro cero e prazo de amortización de ata 15 años- e a subvencións 3,57 millóns de euros. Como na anterior convocatoria, as axudas resolveranse mediante o sistema de concorrencia competitiva.
Ao amparo das bases reguladoras publicadas na Orde ITC/3098/2006, de 2 de outubro, esta resolución publicada agora abre a nova convocatoria de solicitudes de axuda (préstamos ou subvencións) para proxectos de reindustrialización nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal correspondente a 2008.
O modelo de solicitude para a obtencións das axudas e o correspondente cuestionario electrónico están dispoñibles para a súa cobertura na dirección de internet do Ministerio de Industria www.mityc.es/portalayudas, onde tamén se pode acceder aos medios electrónicos de guía necesarios.
Para esta nova convocatoria, o Igape manterá a súa colaboración no estudio e avaliación dos proxectos presentados, no marco do convenio asinado co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en abril de 2006, que se mantén en vigor. |
|
| Última actualización ( 04/12/2007 ) |


