| Fernández Antonio subliña que Ferrolterra é hoxe a área de Galicia con máis solo para novas empresas |
|
O Conselleiro de Economía e Facenda presidiu a reunión coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol e garantizou que os orzamentos de Galicia para o próximo ano recollerán dotacións específicas para as medidas incluídas no programa de desenvolvemento; na reunión participou o novo director do Plan Integral de Desenvolvemento das Comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, Ángel Sucasas. José Ramón Fernández Antonio tamén se amosou convencido de que o proxecto de conexión ferroviaria do porto exterior será incorporado aos presupostos do Estado para 2008. Santiago, 24 de setembro de 2007.- O conselleiro de Economía e Facenda, José
Tras a xuntanza, o conselleiro salientou a noticia da implantación no porto exterior de Ferrol dunha planta de biodiésel promovida pola firma Infinita Renovables. Cun investimento previsto de preto de 70 millóns de euros, o proxecto conta xa co apoio do Igape e ten unha previsión de creación de emprego de 35 postos directos e unha producción de 300.000 toneladas anuais.
Na reunión tamén se abordou a importancia do inicio do proxecto de conexión ferroviaria do porto exterior. Neste sentido,
Ángel Sucasas, novo director do Plan
Na reunión participou o novo director do Plan Integral de Desenvolvemento de Ferrolterra, Ángel Sucasas Peón. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, ten experiencia en dirección de proxectos para creación de empresas, dirección de empresas, comercio exterior e consultoría. Sucasas coordinou en
Plan integral para a comarca
O Plan integral de desenvolvemento das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal mobilizará uns investimentos de 3.000 millóns de euros para acadar un crecemento económico do 16% ata 2011 e facilitar a creación de 4.000 empregos. O Plan foi presentado polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, a comezos do pasado mes de marzo en Ferrol e dende entón púxose en marcha a oficina xestora e véñense desenvolvendo reunións periodicamente para facer un seguimento puntual do traballo.
A execución do Plan de desenvolvemento integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal estase a impulsar a través dunha ducia de liñas de traballo que teñen como obxectivos a consolidación do sector eólico na zona, o desenvolvemento do sector turístico, a potenciación do sector loxístico e desenvolvemento do porto exterior de Ferrol, o apoio ao desenvolvemento de sectores como a acuicultura, a biomasa ou os biocombustibles, a consolidación do sector naval e da industria auxiliar, as dotacións das infraestruturas e do solo industrial, o fomento do I+D+i ou o impulso á creación de emprego.
|
|
| Última actualización ( 17/03/2009 ) |


O Conselleiro de Economía e Facenda presidiu a reunión coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol e garantizou que os orzamentos de Galicia para o próximo ano recollerán dotacións específicas para as medidas incluídas no programa de desenvolvemento; na reunión participou o novo director do Plan Integral de Desenvolvemento das Comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, Ángel Sucasas. José Ramón Fernández Antonio tamén se amosou convencido de que o proxecto de conexión ferroviaria do porto exterior será incorporado aos presupostos do Estado para 2008. 