| Fracisco Javier Álvarez Barbeito, novo secretario xeral do Igape |
|
|
Francisco Javier Álvarez Barbeito vén de tomar posesión como secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, dependente da Consellería de Economía e Industria. Licenciado en Dereito e funcionario do Corpo Superior da Administración autonómica, Álvarez Barbeito ocupou varias direccións xerais na Xunta de Galicia e desenvolveu tamén labores de responsabilidade no ámbito privado, como a dirección do servizo de licitacións internacionais da CEG.
Santiago, 11 de setembro de 2009.- Francisco Javier Álvarez Barbeito, Licenciado en Derecho por la Universidad de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia, é o novo titular da secretaría xeral do Igape, que se encontraba vacante desde comezos de 2007. Coa súa incorporación vese reforzada a estrutura directiva do Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria, nun momento en que está a impulsar novos programas e liñas de apoio para reactivar e dinamizar o tecido empresarial galego.
Entre outros postos de traballo na Xunta de Galicia, Álvarez Barbeito foi xefe de Servizo de Prestacións Sociais da Conselleria de Sanidad y Servicios Sociais, e xefe do Servizo de Xuventude da Consellería de Traballo, Muller e Xuventude.
O novo secretario xeral do Igape foi tamén director provincial do Instituto Nacional de Empleo, dependente do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, e director xeral de Cooperación Internacional, director xeral de Apoio á Emigración e dirección xeral de Inmigración, nos tres casos dependendo da Consellería de Emigración.
Durante os tres últimos anos, Francisco Javier Álvarez Barbeito exerceu a súa actividade profesional no ámbito privado, como director do servizo de licitacións internacionais da Confederación de Empresarios de Galicia, como consultor internacional del Banco Interamericano de Desarrollo (BID) e como director de diversos proxectos de cooperación internacional no ámbito empresarial. |


