Actualidade

O director xeral do Igape, Juan Cividanes, presentou a empresas tractoras da comunidade os resultados dos dous primeiros anos de funcionamento da Axenda da Industria 4.0 e as actuacións previstas. Salienta que desde a súa posta en marcha esta folla de ruta permitiu no seu primeiro bienio a mobilización de 342 millóns de euros e a creación de 11.500 empregos industriais. Destaca que as primeiras medidas do novo período 2017-2018, no que se investirán 175 millóns de euros, xa están en marcha, como a segunda edición do Concurso de ideas Industria 4.0

A próxima semana comezan as actividades de formación e asesoramento nas aceleradoras de Cabana de Bergantiños, Ferrol, Santiago, Mondoñedo, Monforte de Lemos e Celanova. A primeira edición desta iniciativa de colaboración pechou cun total de 139 participantes que desenvolveron 119 proxectos de carácter innovador que, na maioría dos casos, xa son empresas en funcionamento.

Os emprendedores que precisen máis tempo para rematar o deseño dos seus proxectos disporán de novas oportunidades nas outras dúas convocatorias previstas para este ano, que abrirán o 30 de xuño e o 10 de outubro, respectivamente. O programa aumenta a súa dotación nun 35% con respecto ao pasado ano para facilitar a posta en marcha de novas empresas e tamén a consolidación temperá de empresas de recente creación. O programa Galicia Emprende regula apoios de ata 175.000 euros para a posta en marcha ou consolidación de compañías impulsadas por autónomos e emprendedores, facilitando así a xeración de emprego.

O director do Igape, Juan Cividanes, destaca na apertura da xornada “O Plan de investimentos para Europa” a ampliación de fondos e prazo de solicitudes do programa de préstamos directos con fondos BEI. A iniciativa prevé mobilizar 20 millóns de euros durante o próximo ano.

O programa ‘Sé Dixital’, que se desenvolve mediante un acordo de colaboración entre o Igape, a Escola de Organización Industrial e a firma de telecomunicacións, está aberto a todos os concellos galegos que desexen adherirse. Este proxecto de capacitación dixital preparará a cidadáns e empresarios locais para a nova economía dixital mediante a aplicación das novas tecnoloxías á súa vida cotiá e ao desenvolvemento e dinamización dos seus negocios.