Venres, 16 Decembro 2016 10:21

A Xunta nomea director do Igape a Juan Cividanes Roger

O actual director de Xesgalicia é MBA pola Universidade de Navarra e licenciado en Ciencias Empresariais pola UNED e en Ciencias Económicas pola Universidade Internacional de Cataluña. Desde o 2011 dirixía a sociedade xestora de capital risco da administración autonómica, e conta tamén con experiencia na empresa privada. Releva a Javier Aguilera, quen deixa o cargo despois de estar ao fronte de Igape desde o ano 2011 e dirixir anteriormente Xesgalicia.

 

Santiago, 15 de decembro de 2016.-A Xunta de Galicia vén de nomear a Juan Cividanes Roger como novo director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O actual director de Xesgalicia releva no cargo a Javier Aguilera, quen deixa o posto despois de estar á fronte do Igape desde o ano 2011 e anteriormente dirixir Xesgalicia.

Cividanes Roger, nado en Vigo en 1967, é Master of Business Administration (MBA) pola polo IESE Business School da Universidade de Navarra, licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e en Ciencias Económicas pola Universidade Internacional de Cataluña.

Nomeado en 2011 director de Xesgalicia, sociedade xestora de capital risco, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Juan Cividanes conta con experiencia no ámbito da empresa privada, en compañías como Mercagol, Conservas Antonio Alonso, Carrefour, Decathlon ou KPMG.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios