Venres, 29 Decembro 2017 11:10

A Xunta amplía o prazo de presentación de solicitudes do Programa Galicia Inviste ata o próximo 28 de marzo

As axudas poden cubrir ata o 30% de proxectos comprendidos entre os 50.000 e os 900.000 euros. As empresas beneficiarias poderán investir en maquinaria e bens de equipo para ampliar, modernizar ou diversificar a actividade produtiva, así como en obra civil, no caso dos proxectos xeradores de emprego. Este programa de axudas pode complementar os novos instrumentos financeiros innovadores activados pola Xunta para facilitar investimentos tecnolóxicos, no ámbito da Industria 4.0.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017.- A Xunta, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG),  vén de ampliar, ata o próximo 28 de marzo, o prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro do programa Galicia Inviste, que regula a concesión de axudas para apoiar investimentos empresariais, impulsando así a creación de riqueza e emprego na Comunidade.

Mediante esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, concédense apoios que poden cubrir ata o 30% dos investimentos, comprendidos entre 50.000 e 900.000 euros na industria manufactureira ou extractiva, de xestión e valorización de residuos, loxística, hostalaría, sector TIC ou servizos técnicos.

Coa ampliación do prazo de presentación de solicitudes, as empresas poderán seguir contando con esta liña de axudas para investir en maquinaria e bens de equipo para ampliar, para modernizar ou diversificar a actividade produtiva, así como para realizar investimentos en obra civil no caso de proxectos xeradores de emprego.

Os proxectos con investimentos superiores a 900.000 euros reciben apoio a través do programa de Incentivos Rexionais do Ministerio de Facenda, que tamén se tramita en Galicia a través do Igape.

Este programa de axudas pode complementarse cos novos instrumentos financeiros innovadores (IFIs), activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co obxectivo de impulsar -mediante préstamos comprendidos entre 50.000 euros e 1 millón de euros- novos investimentos, especialmente os de carácter tecnolóxico ou innovador, no ámbito da chamada industria 4.0.

 

As axudas poden cubrir ata o 35% de proxectos comprendidos entre os 50.000 e os 900.000 euros. As empresas beneficiarias poderán investir en maquinaria e bens de equipo para ampliar, modernizar ou diversificar a actividade produtiva, así como en obra civil, no caso dos proxectos xeradores de emprego. Este programa de axudas pode complementar os novos instrumentos financeiros innovadores activados pola Xunta para facilitar investimentos tecnolóxicos, no ámbito da Industria 4.0.

 

.-A Xunta, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG),  vén de ampliar, ata o próximo 31 de marzo, o prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro do programa Galicia Inviste, que regula a concesión de axudas para apoiar investimentos empresariais, impulsando así a creación de riqueza e emprego na Comunidade.

 

Mediante esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, concédense apoios que poden cubrir ata o 35% dos investimentos, comprendidos entre 50.000 e 900.000 euros na industria manufactureira ou extractiva, de xestión e valorización de residuos, loxística, hostalaría, sector TIC ou servizos técnicos.

 

Coa ampliación do prazo de presentación de solicitudes, as empresas poderán seguir contando con esta liña de axudas para investir en maquinaria e bens de equipo para ampliar, para modernizar ou diversificar a actividade produtiva, así como para realizar investimentos en obra civil no caso de proxectos xeradores de emprego.

 

O proxectos con investimentos superiores a 900.000 euros reciben apoio a través do programa de Incentivos Rexionais do Ministerio de Facenda, que tamén se tramita en Galicia a través do Igape.

 

Este programa de axudas pode complementarse cos novos instrumentos financeiros innovadores (IFIs), activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co obxectivo de impulsar -mediante préstamos comprendidos entre 50.000 euros e 1 millón de euros- novos investimentos, especialmente os de carácter tecnolóxico ou innovador, no ámbito da chamada industria 4.0.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios