Sábado, 27 Xaneiro 2018 12:00

A Xunta activa o programa Galicia Rural Emprende con 4,5 M€ para promover a diversificación e a creación de novas empresas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, impulsa a segunda convocatoria do programa, cun incremento do 80% do orzamento, para promover actividades empresariais de autónomos, microempresas e pequenas empresas. Os emprendedores poderán presentar as súas solicitudes ata o día 26 do próximo mes de marzo. Prevese apoiar arredor de 80 novos proxectos de actividades non agrarias e facilitar a creación duns 220 empregos sobre o territorio. Entre as actividades industriais prioritarias nesta liña de axudas ao emprendemento están as de sectores como a automoción, téxtil, aeronáutico, químico, medioambiental, TIC ou audiovisual, entre outros.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2018.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar, a través do Igape e mediante a correspondente publicación no DOG, a segunda convocatoria do programa Galicia Rural Emprende para promover actividades empresariais non agrarias de autónomos, microempresas e pequenas empresas. O programa incrementa o seu orzamento para esta segunda convocatoria nun 80%, ao pasar de 2,5 millóns de euros a 4,5 millóns de euros.

O prazo para a presentación de solicitudes para participar na segunda convocatoria do Programa Galicia Rural Emprende está aberto ata o próximo 26 de marzo. Co incremento orzamentario será posible apoiar 80 novos proxectos empresariais, e a creación e mantemento duns 220 novos empregos mediante a mobilización de 9 millóns de euros en investimentos empresariais. Ao abeiro da primeira edición, aprobáronse 44 proxectos –30 deles impulsados por autónomos– co compromiso de creación e mantemento de 121 empregos, mobilizando investimentos cifrados en máis de 5 millóns de euros.

Os investidores recibirán un anticipo do 60% da axuda concedida tras a notificación da resolución e acreditación do inicio dun plan empresarial ou plan de negocio, que terá unha duración de 18 meses. Os proxectos apoiables poderán estar promovidos por agricultores ou membros dunha unidade familiar dunha explotación que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas, por Pemes de nova creación, por Pemes que inicien actividades non levadas a cabo antes ou por autónomos que inicien unha nova actividade empresarial.

Entre as actividades prioritarias están as asociadas a sectores como automoción, téxtil, aeronáutico, químico, medioambiental, así como as baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Mediante este programa, a Xunta de Galicia achega axudas directas para facilitar os investimentos dos emprendedores e autónomos que crean novas empresas ou que as crearon en datas recentes para facilitar a súa posta en marcha ou a súa consolidación temperá.

O programa Galicia Rural Emprende, ven complementar o labor do programa Galicia Emprende, que durante os últimos anos facilitou a aprobación de máis de 300 proxectos emprendedores, e que en 2017 contou cun orzamento de 5 millóns de euros. Con estas iniciativas contribuíuse, conxuntamente, a revitalización e a incorporación de innovación ao tecido produtivo, da man de novos empresarios especialmente preparados e apoiados por instrumentos públicos e privados de formación, asesoramento e financiamento.

Os emprendedores poderán contar, ademais de coas axudas directas activadas mediante o programa Galicia Rural Emprende, con financiamento a través dos préstamos directos habilitados a través da nova liña IFI Emprende e do Fondo de capital Risco Galicia Iniciativas Emprendedoras.

A Xunta de Galicia, coa nova edición deste programa, reafirma o seu compromiso de apoiar aos emprendedores e as pequenas e medianas empresas, ofrecendo un amplo abano de recursos e instrumentos que melloren as posibilidades de éxito dos seus proxectos e a súa consolidación no mercado. Ao mesmo tempo, contribúese así a fixar poboación nas zonas rurais e aumentar as oportunidades dos seus habitantes no eido laboral.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, impulsa a segunda convocatoria do programa, cun incremento do 80% do orzamento, para promover actividades empresariais de autónomos, microempresas e pequenas empresas. Os emprendedores poderán presentar as súas solicitudes ata o día 26 do próximo mes de marzo. Prevese apoiar arredor de 80 novos proxectos de actividades non agrarias e facilitar a creación duns 220 empregos sobre o territorio. Entre as actividades industriais prioritarias nesta liña de axudas ao emprendemento están as de sectores como a automoción, téxtil, aeronáutico, químico, medioambiental, TIC ou audiovisual, entre outros.

 

  A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar, a través do Igape e mediante a correspondente publicación no DOG, a segunda convocatoria do programa Galicia Rural Emprende para promover actividades empresariais non agrarias de autónomos, microempresas e pequenas empresas. O programa incrementa o seu orzamento para esta segunda convocatoria nun 80%, ao pasar de 2,5 millóns de euros a 4,5 millóns de euros.

 

O prazo para a presentación de solicitudes para participar na segunda convocatoria do Programa Galicia Rural Emprende está aberto ata o próximo 26 de marzo. Co incremento orzamentario será posible apoiar 80 novos proxectos empresariais, e a creación e mantemento duns 220 novos empregos mediante a mobilización de 9 millóns de euros en investimentos empresariais. Ao abeiro da primeira edición, aprobáronse 44 proxectos –30 deles impulsados por autónomos– co compromiso de creación e mantemento de 121 empregos, mobilizando investimentos cifrados en máis de 5 millóns de euros.

 

Os investidores recibirán un anticipo do 60% da axuda concedida tras a notificación da resolución e acreditación do inicio dun plan empresarial ou plan de negocio, que terá unha duración de 18 meses. Os proxectos apoiables poderán estar promovidos por agricultores ou membros dunha unidade familiar dunha explotación que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas, por Pemes de nova creación, por Pemes que inicien actividades non levadas a cabo antes ou por autónomos que inicien unha nova actividade empresarial.

 

Entre as actividades prioritarias están as asociados a sectores como automoción, téxtil, aeronáutico, químico, medioambiental, así como as baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Mediante este programa, a Xunta de Galicia achega axudas directas para facilitar os investimentos dos emprendedores e autónomos que crean novas empresas ou que as crearon en datas recentes para facilitar a súa posta en marcha ou a súa consolidación temperá.

 

O programa Galicia Rural Emprende, ven complementar o labor do programa Galicia Emprende, que durante os últimos anos facilitou a aprobación de máis de 300 proxectos emprendedores, e que en 2017 contou cun orzamento de 5 millóns de euros.  Con estas iniciativas contribuíuse, conxuntamente, a revitalización e a incorporación de innovación ao tecido produtivo, da man de novos empresarios especialmente preparados e apoiados por instrumentos públicos e privados de formación, asesoramento e financiamento.

 

Os emprendedores poderán contar, ademais de coas axudas directas activadas mediante o programa Galicia Rural Emprende, con financiamento a través dos préstamos directos habilitados a través da nova liña IFI Emprende e do Fondo de capital Risco Galicia Iniciativas Emprendedoras.

 

A Xunta de Galicia, coa nova edición deste programa, reafirma o seu compromiso de apoiar aos emprendedores e as pequenas e medianas empresas, ofrecendo un amplo abano de recursos e instrumentos que melloren as posibilidades de éxito dos seus proxectos e a súa consolidación no mercado. Ao mesmo tempo, contribúese así a fixar poboación nas zonas rurais e aumentar as oportunidades dos seus habitantes no eido laboral.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios