Mércores, 07 Febreiro 2018 08:29

A Xunta destaca a cualificación á carta que ofrecen as unidades formativas nun encontro con 100 empresarios da automoción

Responsables da Consellería de Economía, Emprego e Industria presentaron hoxe no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) do Porriño os mapas de apoio a este sector ante empresas do sector. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, apunta que as unidades formativas na empresa están dirixidas tanto a ocupados como a desempregados e que as primeiras convocatorias destas axudas xa están en activo. A directora de Gain, Patricia Argerey, puxo en valor as iniciativas encamiñadas a apoiar a I+D+i como a convocatoria da Fábrica Intelixente, as Unidades Mixtas de Investigación ou o programa Conecta Peme co que se impulsaron xa 21 proxectos de innovación neste ámbito. O director do Igape, Juan Cividanes, salienta que a Xunta dará este ano un importante pulo aos investimentos no ámbito da Industria 4.0, mediante os novos Instrumentos Financeiros Innovadores e as novas axudas a dixitalización, programas aos que se sumará a iniciativa para proxectos piloto 4.0.

O Porriño (Pontevedra), 6 de febreiro de 2018.- A Xunta, a través de responsables da Consellería de Economía, Emprego e Industria, informou hoxe das axudas coas que conta a Administración autonómica para o sector da automoción, nun encontro no que participaron con empresas deste ámbito a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca; o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes; a directora da Axencia Galega da Innovación (Gain), Patricia Argerey; e o director do Igape, Juan Cividanes.

En total, asistiron á xuntanza, que se celebrou no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) emprazado no Porriño, máis de 100 empresarios pertencentes a 68 compañías.

A automoción, en palabras do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, é un dos sectores máis importantes da economía galega, que ten permitido crear 1350 novos empregos desde o ano 2012, alcanzando a cifra de preto de 20.000 postos de traballo directos. Por iso, a Xunta traballa no desenvolvemento da Axenda 4.0 con Ceaga, CTAG e as empresas de automoción de cara a mellorar a competitividade do sector e crear emprego cualificado impulsando diversos programas. Só na comarca de Vigo, as axudas concedidas pola Xunta ao sector da automoción nos últimos ano superan os 115M.

Entre as iniciativas dirixidas a este sector en materia laboral, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, salientou as unidades formativas na empresa, tanto para desempregados como ocupados. As primeiras convocatorias destes programas xa saíron publicadas no DOG por valor de máis de 4 millóns de euros. En global, para estes dous programas destínanse 6,35 millóns en 2018, a través dos que se cualifica a desempregados con formación á carta na propia empresa que ten que comprometerse a un mínimo de contratación; e a traballadores de empresas de sectores estratéxicos como a silvicultura, transformación de madeira, fabricación de compoñentes electrónicos e ordenadores, automoción, naval, aeronáutica, fabricación de mobles, edición de programas informáticos e telecomunicacións e actividades relacionadas coa informática.

Para as unidades dirixidas para desempregados, o prazo de solicitude está aberto ata o 5 de abril e para a iniciativa de ocupados para formar a 1500 traballadores en 500 empresas de sectores estratéxicos  rematará o 2 de abril. “Trátase de ofrecer formación á carta, adaptada ás necesidades que require o mercado de traballo actual”, apuntou Toca, quen subliñou que un dos retos da Axenda 20 para o Emprego é que o sistema formativo se oriente á realidade da industria, é dicir, á revolución tecnolóxica na que está inmerso o tecido produtivo galego.

Mapa de apoios en innovación

Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presentou o mapa de apoios do seu departamento para 2018. Argerey centrouse naquelas iniciativas encamiñadas principalmente a apoiar a I+D+i no tecido produtivo, tendo en conta que o público eran empresas do sector da automoción.

En concreto, a directora de GAIN destacou as novidades de convocatorias como a Fábrica Intelixente, dirixida a apoiar grandes proxectos estratéxicos, que teñan un efecto tractor sobre a industria galega para avanzar cara a implementación da Industria 4.0; as Unidades Mixtas de Investigación, que son agrupacións entre un organismo de investigación e unha empresa para desenvolver actividades de I+D+i aliñadas cos retos identificados na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), das que nos últimos anos se puxeron en marcha 10 vinculadas á automoción; ou a nova convocatoria de Conecta Peme, que apoia proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos, en cooperación entre varias empresas, con participación de pemes. A través deste último programa, impulsáronse no eido da automoción 21 proxectos de innovación.

Patricia Argerey enmarcou este apoio ao sector industrial galego no futuro Plan Galicia Innova 2020, que actualmente se atopa en fase de consultas,  que contará cun investimento público-privado de 1775 millóns para impulsar, a través da innovación, a actividade económica e industrial e xerar máis emprego.

A directora da Axencia Galega de Innovación tamén referiuse á Business Factory Auto, unha aceleradora na que están implicados todos os axentes da automoción galega (mobilización de 20M ata 2020).

Impulso á Industria 4.0

Por último, o director do Igape, Juan Cividanes, salientou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria levará a cabo este ano, especialmente a través do Igape, un importante impulso aos investimentos no ámbito da Axenda Industria 4.0 mediante os novos Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) e as novas axudas á dixitalización, dous programas xa activados aos que se sumará, despois do verán, a terceira convocatoria das axudas para proxectos piloto 4.0, ámbito onde as empresas de automoción, coordinadas por Ceaga, están a destacar, con 21 dos 70 proxectos aprobados nas dúas primeiras convocatorias.

Así mesmo, Cividanes lembrou que, a través dos IFIs, a Xunta prevé mobilizar 60 millóns de euros en máis de 100 proxectos de Industria 4.0, emprendemento e innovación. A través destas liñas de apoios, abertas xa á presentación de proxectos ata o 31 de decembro de 2018, concederanse préstamos con prazos de amortización entre 7 e 12 anos con xuros que poden quedar no 0%.

O director do Igape subliñou, para rematar, que as empresas galegas, en xeral, e, en particular, as de automoción, poderán mellorar a súa competitividade acolléndose a programas de servizos avanzados como son o ReAcciona e ReAcciona TIC, con novas convocatorias xa activadas, ao tempo que poderán avanzar na súa internacionalización co apoio de plans como o Foexga ou programas como o Galicia Exporta, igualmente aberto á presentación de proxectos.

 

Responsables da Consellería de Economía, Emprego e Industria presentaron hoxe no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) do Porriño os mapas de apoio a este sector ante empresas do sector. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, apunta que as unidades formativas na empresa están dirixidas tanto a ocupados como a desempregados e que as primeiras convocatorias destas axudas xa están en activo. A directora de Gain, Patricia Argerey, puxo en valor as iniciativas encamiñadas a apoiar a I+D+i como a convocatoria da Fábrica Intelixente, as Unidades Mixtas de Investigación ou o programa Conecta Peme co que se impulsaron xa 21 proxectos de innovación neste ámbito. O director do Igape, Juan Cividanes, salienta que a Xunta dará este ano un importante pulo aos investimentos no ámbito da Industria 4.0, mediante os novos Instrumentos Financeiros Innovadores e as novas axudas a dixitalización, programas aos que se sumará a iniciativa para proxectos piloto 4.0.

 

A Xunta, a través de responsables da Consellería de Economía, Emprego e Industria, informou hoxe das axudas coas que conta a Administración autonómica para o sector da automoción, nun encontro no que participaron con empresas deste ámbito a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca; o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes; a directora da Axencia Galega da Innovación (Gain), Patricia Argerey; e o director do Igape, Juan Cividanes.

 

En total, asistiron á xuntanza, que se celebrou no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) emprazado no Porriño, máis de 100 empresarios pertencentes a 68 compañías.

 

A automoción, en palabras do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, é un dos sectores máis importantes da economía galega, que ten permitido crear 1350 novos empregos desde o ano 2012, alcanzando a cifra de preto de 20.000 postos de traballo directos. Por iso, a Xunta traballa no desenvolvemento da Axenda 4.0 con Ceaga, CTAG e as empresas de automoción de cara a mellorar a competitividade do sector e crear emprego cualificado impulsando diversos programas. Só na comarca de Vigo, as axudas concedidas pola Xunta ao sector da automoción nos últimos ano superan os 115M.

 

Entre as iniciativas dirixidas a este sector en materia laboral, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, salientou as unidades formativas na empresa, tanto para desempregados como ocupados. As primeiras convocatorias destes programas xa saíron publicadas no DOG por valor de máis de 4 millóns de euros. En global, para estes dous programas destínanse 6,35 millóns en 2018, a través dos que se cualifica a desempregados con formación á carta na propia empresa que ten que comprometerse a un mínimo de contratación; e a traballadores de empresas de sectores estratéxicos como a silvicultura, transformación de madeira, fabricación de compoñentes electrónicos e ordenadores, automoción, naval, aeronáutica, fabricación de mobles, edición de programas informáticos e telecomunicacións e actividades relacionadas coa informática.

 

Para as unidades dirixidas para desempregados, o prazo de solicitude está aberto ata o 5 de abril e para a iniciativa de ocupados para formar a 1500 traballadores en 500 empresas de sectores estratéxicos  rematará o 2 de abril. “Trátase de ofrecer formación á carta, adaptada ás necesidades que require o mercado de traballo actual”, apuntou Toca, quen subliñou que un dos retos da Axenda 20 para o Emprego é que o sistema formativo se oriente á realidade da industria, é dicir, á revolución tecnolóxica na que está inmerso o tecido produtivo galego.

 

 

Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presentou o mapa de apoios do seu departamento para 2018. Argerey centrouse naquelas iniciativas encamiñadas principalmente a apoiar a I+D+i no tecido produtivo, tendo en conta que o público eran empresas do sector da automoción.

 

En concreto, a directora de GAIN destacou as novidades de convocatorias como a Fábrica Intelixente, dirixida a apoiar grandes proxectos estratéxicos, que teñan un efecto tractor sobre a industria galega para avanzar cara a implementación da Industria 4.0; as Unidades Mixtas de Investigación, que son agrupacións entre un organismo de investigación e unha empresa para desenvolver actividades de I+D+i aliñadas cos retos identificados na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), das que nos últimos anos se puxeron en marcha 10 vinculadas á automoción; ou a nova convocatoria de Conecta Peme, que apoia proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos, en cooperación entre varias empresas, con participación de pemes. A través deste último programa, impulsáronse no eido da automoción 21 proxectos de innovación.

 

Patricia Argerey enmarcou este apoio ao sector industrial galego no futuro Plan Galicia Innova 2020, que actualmente se atopa en fase de consultas,  que contará cun investimento público-privado de 1775 millóns para impulsar, a través da innovación, a actividade económica e industrial e xerar máis emprego.

 

A directora da Axencia Galega de Innovación tamén referiuse á Business Factory Auto, unha aceleradora na que están implicados todos os axentes da automoción galega (mobilización de 20M ata 2020).

 

 

Por último, o director do Igape, Juan Cividanes, salientou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria levará a cabo este ano, especialmente a través do Igape, un importante impulso aos investimentos no ámbito da Axenda Industria 4.0 mediante os novos Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) e as novas axudas á dixitalización, dous programas xa activados aos que se sumará, despois do verán, a terceira convocatoria das axudas para proxectos piloto 4.0, ámbito onde as empresas de automoción, coordinadas por Ceaga, están a destacar, con 21 dos 70 proxectos aprobados nas dúas primeiras convocatorias.

 

Así mesmo, Cividanes lembrou que, a través dos IFIs, a Xunta prevé mobilizar 60 millóns de euros en máis de 100 proxectos de Industria 4.0, emprendemento e innovación. A través destas liñas de apoios, abertas xa á presentación de proxectos ata o 31 de decembro de 2018, concederanse préstamos con prazos de amortización entre 7 e 12 anos con xuros que poden quedar no 0%.

 

O director do Igape subliñou, para rematar, que as empresas galegas, en xeral, e, en particular, as de automoción, poderán mellorar a súa competitividade acolléndose a programas de servizos avanzados como son o ReAcciona e ReAcciona TIC, con novas convocatorias xa activadas, ao tempo que poderán avanzar na súa internacionalización co apoio de plans como o Foexga ou programas como o Galicia Exporta, igualmente aberto á presentación de proxectos.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios