Venres, 16 Febreiro 2018 13:36

Os primeiros préstamos IFIs aprobados pola Xunta mobilizarán 1,75 millóns de euros en investimentos innovadores e de Industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, salienta no Parlamento que a través do novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) se prevé apoiar este ano 100 proxectos de nova industria, emprendemento e innovación. Os tres primeiros corresponden a Hidrofersa (Lugo); a start up promovida pola Universidade da Coruña, Torus Software Solutions; e a empresa Cristalería Pontevedresa. Destaca que a nova liña poderá mobilizar investimentos por máis de 60 millóns de euros e dará un importante impulso, xunto coas novas axudas á dixitalización, aos proxectos empresariais no ámbito da Industria 4.0 para consolidar o crecemento económico e o emprego de calidade. Explica que os IFIs reforzan o mapa de instrumentos financeiros da Consellería de Economía, Emprego e Industria para atender as fases de creación, crecemento, consolidación ou internacionalización das empresas.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018.- O director do Igape, Juan Cividanes, adiantou hoxe no Parlamento galego que os primeiros préstamos aprobados pola Xunta ao abeiro do novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) mobilizarán 1,75 millóns de euros en investimentos no ámbito da Industria 4.0.

O primeiro dos proxectos aprobados nesta nova liña financeira correspondeu a Hidrofersa, compañía con sede en Viveiro (Lugo), especializada no deseño, fabricación e comercialización de maquinaria naval, industrial ou mineira, que incorporará novos equipamentos para mellorar a súa competitividade.

Outro dos proxectos aprobados corresponde a Torus Software Solutions, start up promovida desde a Universidade da Coruña e recoñecida a nivel internacional polo seu potencial innovador, que disporá de financiamento para desenvolver tecnoloxía , estreitamente vinculada á Industria 4.0.

Pola súa banda, a empresa Cristalería Pontevedresa, con sede en Ponte Caldelas (Pontevedra), contará con financiamento do novo programa de IFIs para incorporar ás súas instalacións nova maquinaria para a impresión dixital en vidro, co obxectivo de seguir  mellorando en competitividade e internacionalización.

O director do Igape lembrou que o novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores conta cunha dotación inicial de 33 millóns de euros –cofinanciada ao 80% polo Feder– que lle permitirá apoiar este ano arredor de 100 proxectos de investimento nos eidos da Industria 4.0, o emprendemento e a innovación. O programa contribuirá así ao desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 e ao fortalecemento do tecido empresarial galego, en especial das pemes. Engadiu que se apoiarán preferentemente investimentos de base tecnolóxica, proxectos innovadores e actuacións relacionadas coa chamada fábrica intelixente.

O novo programa poderá mobilizar, deste xeito, investimentos por máis de 60 millóns de euros e dará un importante impulso, xunto coas novas axudas á dixitalización, aos proxectos empresariais no ámbito da Industria 4.0 para consolidar o crecemento económico e o emprego de calidade.

Os Instrumentos Financeiros Innovadores veñen reforzar o mapa de instrumentos financeiros da Consellería de Economía, Emprego e Industria para apoiar os proxectos empresariais tanto nas fases de creación como nas de crecemento, consolidación ou internacionalización das empresas, acorde co compromiso da Xunta de ofrecer unha rede completa de apoios a novos proxectos empresariais en Galicia.

Os préstamos, comprendidos entre 50.000 e un millón de euros, contarán con prazos de amortización entre 7 e 12 anos, e inclúen unha axuda para rebaixar os custos financeiros. O novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) nace con vocación de catalizar tamén financiamento privado cara aos investimentos en Industria 4.0, innovación e emprendemento. Un dos obxectivos das novas liñas de préstamos é conseguir que o financiamento das entidades financeiras cubra entre o 25 e o 40% dos investimentos apoiados.

Cividanes sinalou que o obxectivo do novo programa é conseguir que os autónomos e as pemes poidan desenvolver en Galicia os seus proxectos de investimento apostando pola innovación para mellorar a súa competitividade e para crecer cara a novos mercados.

 

O director do Igape, Juan Cividanes, salienta no Parlamento que a través do novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) se prevé apoiar este ano 100 proxectos de nova industria, emprendemento e innovación. Os tres primeiros corresponden a Hidrofersa (Lugo); a start up promovida pola Universidade da Coruña, Torus Software Solutions; e a empresa Cristalería Pontevedresa. Destaca que a nova liña poderá mobilizar investimentos por máis de 60 millóns de euros e dará un importante impulso, xunto coas novas axudas á dixitalización, aos proxectos empresariais no ámbito da Industria 4.0 para consolidar o crecemento económico e o emprego de calidade. Explica que os IFIs reforzan o mapa de instrumentos financeiros da Consellería de Economía, Emprego e Industria para atender as fases de creación, crecemento, consolidación ou internacionalización das empresas.

 

O director do Igape, Juan Cividanes, adiantou hoxe no Parlamento galego que os primeiros préstamos aprobados pola Xunta ao abeiro do novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) mobilizarán 1,75 millóns de euros en investimentos no ámbito da Industria 4.0.

 

O primeiro dos proxectos aprobados nesta nova liña financeira correspondeu a Hidrofersa, compañía con sede en Viveiro (Lugo), especializada no deseño, fabricación e comercialización de maquinaria naval, industrial ou mineira, que incorporará novos equipamentos para mellorar a súa competitividade.

 

Outro dos proxectos aprobados corresponde a Torus Software Solutions, promovida desde a Universidade da Coruña e recoñecida a nivel internacional polo seu potencial innovador, que disporá de financiamento para desenvolver tecnoloxía , estreitamente vinculada á Industria 4.0.

 

Pola súa banda, a empresa Cristalería Pontevedresa, con sede en Ponte Caldelas (Pontevedra), contará con financiamento do novo programa de IFIs para incorporar ás súas instalacións nova maquinaria para a impresión dixital en vidro, co obxectivo de seguir  mellorando en competitividade e internacionalización.

 

O director do Igape lembrou que o novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores conta cunha dotación inicial de 33 millóns de euros –cofinanciada ao 80% polo Feder– que lle permitirá apoiar este ano arredor de 100 proxectos de investimento nos eidos da Industria 4.0, o emprendemento e a innovación. O programa contribuirá así ao desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 e ao fortalecemento do tecido empresarial galego, en especial das pemes. Engadiu que se apoiarán preferentemente investimentos de base tecnolóxica, proxectos innovadores e actuacións relacionadas coa chamada fábrica intelixente.

 

O novo programa poderá mobilizar, deste xeito, investimentos por máis de 60 millóns de euros e dará un importante impulso, xunto coas novas axudas á dixitalización, aos proxectos empresariais no ámbito da Industria 4.0 para consolidar o crecemento económico e o emprego de calidade.

 

Os Instrumentos Financeiros Innovadores veñen reforzar o mapa de instrumentos financeiros da Consellería de Economía, Emprego e Industria para apoiar os proxectos empresariais tanto nas fases de creación como nas de crecemento, consolidación ou internacionalización das empresas, acorde co compromiso da Xunta de ofrecer unha rede completa de apoios a novos proxectos empresariais en Galicia.

 

Os préstamos, comprendidos entre 50.000 e un millón de euros, contarán con prazos de amortización entre 7 e 12 anos, e inclúen unha axuda para rebaixar os custos financeiros. O novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) nace con vocación de catalizar tamén financiamento privado cara aos investimentos en Industria 4.0, innovación e emprendemento. Un dos obxectivos das novas liñas de préstamos é conseguir que o financiamento das entidades financeiras cubra entre o 25 e o 40% dos investimentos apoiados.

 

Cividanes sinalou que o obxectivo do novo programa é conseguir que os autónomos e as pemes poidan desenvolver en Galicia os seus proxectos de investimento apostando pola innovación para mellorar a súa competitividade e para crecer cara a novos mercados.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios