Actualidade

O director do Igape, Juan Cividanes, informou dos resultados do comercio exterior galego dos once primeiros meses de 2019, nos que o superávit superou os 2000 M€, e anunciou a posta en marcha dun programa para reforzar a presenza dixital das pemes nos mercados internacionais. O DOG publica hoxe as bases da nova liña de axudas á internacionalización dixital das empresas galegas, que forma parte do programa Galicia Exporta, que nas súas tres liñas suma en total 11,2 millóns de euros. En novembro do pasado ano Galicia vendeu no exterior un 6,6% máis que no mesmo mes de 2018 e o número de compañías exportadoras situouse nas 6808.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas por case 2,3 millóns de euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento. Os proxectos aprobados contemplan a creación e mantemento de 224 empregos e abranguen actividades tanto do sector industrial como dos servizos. Ao abeiro do Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende, en 2019 o Goberno galego destinou 9 millóns de euros a impulsar máis de 180 iniciativas empresariais que investirán máis de 20 millóns.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver apoios por valor de 2,2 millóns de euros para facilitar a modernización e mellora da competitividade das pemes a través de proxectos de dixitalización. No marco da Axenda 4.0, o programa apoia o investimento en equipos e software, cubrindo entre o 20% e o 30% do material necesario. Entre as iniciativas aprobadas atópanse a posta en marcha dunha plataforma vitivinícola integrada, sistemas de dixitalización da seguridade industrial e de información para a transformación integral de procesos industriais. Co obxectivo de impulsar a transformación dixital do tecido empresarial galego e a Industria 4.0, a Xunta activará nas próximas semanas programas de apoio por preto de 67 millóns de euros.

O director do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións de Pelé Design and Retail, unhas das 85 empresas que contratarán persoas novas a través do programa Profesionais 4.0. Salienta que, cun orzamento de dous millóns de euros, esta liña pioneira permitirá a 160 titulados de ata 35 anos acceder ao mercado laboral desenvolvendo proxectos de mellora competitiva. Xunto con Maquinaria 4.0 e os centros de fabricación avanzada, é unha das novas liñas activadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no marco da Axenda Industria 4.0. 

Durante as últimas catro convocatorias realizadas na provincia de Lugo destas iniciativas, nas que colaboran a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI), foron apoiadas 85 novas empresas. Mañá preséntase a quinta edición do coworking de Mondoñedo, que leva promovido a creación de 53 empresas. O novo espazo de Palas súmase aos abertos este ano no Ribeiro e Moaña e aos xa activos en Mondoñedo, Monforte de Lemos, Celanova, Cabana de Bergantiños, Ferrol, Santiago e Vilanova de Arousa.