Actualidade

O director do Igape, Juan Cividanes, salienta, na inauguración dun encontro centrado na comercialización de alimentos e bebidas, que as exportacións do sector medraron case un 15% no primeiro semestre deste ano. Subliña o labor do Clúster Alimentario de Galicia na promoción e coordinación de proxectos colectivos para avanzar no ámbito da Industria 4.0 e internacionalización.

O director do Igape, Juan Cividanes, acompaña ás startups galegas Ingeniería y Control Merasys e Situm Technologies, seleccionadas por PSA para presentar no ‘Booster Day’ os seus proxectos. Nas próximas semanas coñeceranse as novas empresas que participarán na segunda edición da aceleradora impulsada pola Xunta coa Zona Franca, PSA e Ceaga co obxectivo de identificar, acelerar e consolidar proxectos innovadores especializados no eido da automoción.

O director do Igape, Juan Cividanes, subliña na recepción oficial da misión empresarial desprazada a San Petersburgo que o sector está a recuperar o liderado nacional e dispón de potencial para asumir novos encargos. Destaca que pasado ano 130 empresas galegas exportaron a Rusia mercadorías por máis de 111 millóns de euros, un 5,48% máis que no ano anterior, e que as exportacións seguen a medrar este ano. Máis dunha ducia de empresas galegas participan na Feira Neva de construción naval e navegación que se desenvolve ata o xoves.

O director do Igape, Juan Cividanes, destaca que son máis de vinte as empresas que desenvolven, coordinadas polo Clúster da Madeira e o Deseño, proxectos neste eido co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Na inauguración das IX xornadas de arquitectura e deseño na Cidade da Cultura, salienta o compromiso crecente do sector para incorporar innovación e novas tecnoloxías aos procesos para engadir valor á cadea produtiva e abrir novos mercados. Integrado por unhas 3.000 empresas que facturan arredor de 2.000 millóns de euros, o sector da madeira conta coa Axencia Galega da Industria Forestal como novo instrumento para incrementar a competitividade.

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou a compañía, que se acolleu ao programa ReAcciona para optimizar a súa competitividade, e fabrica grupos electróxenos que vende a mercados de todo o mundo. Lembra que o ReAcciona está a disposición das empresas que buscan mellorar a súa competitividade para medrar e acceder a novos mercados internacionais. Internaco incrementou o seu volume de negocio en máis dun 30% nos últimos catro anos, ata superar os 42 millóns de euros de facturación en 2016. O ano pasado a empresa investiu máis de 2 millóns de euros nunha nova planta para fabricar fío de plástico para desbrozadoras que este ano está vendendo en países como Marrocos, Austria, Turquía, Estados Unidos ou Perú.