Actualidade

A cuarta edición desta aceleradora impulsada pola Xunta, a través do Igape, e en colaboración coa EOI, ofrece os novos empresarios da comarca a oportunidade de poñer en marcha iniciativas con formación e asesoramento especializado. O turismo, a agricultura ecolóxica, o deseño ou a hostalería, son os sectores que predominaron nos proxectos desenvolvidos na anterior convocatoria. Durante as últimas tres edicións realizadas en Monforte foron apoiadas máis de 60 novas empresas.

O director do Igape, Juan Cividanes, participa en Vigo na presentación do libro Regulación do contrato de seguro en Portugal e España: análise comparado, onde destacou o fortalecemento da cooperación entre Galicia e o norte do país luso. Salienta que coñecer os aspectos dos seguros nos dous países lles permite aos empresarios realizar actividades transfronteirizas con total seguridade. Destaca a boa marcha das exportacións a Portugal que, nos primeiros once meses de 2018, rexistraron un incremento do 15,1%. De xaneiro a novembro, as vendas ao exterior galegas medraron un 7,2% con respecto ao mesmo período do ano anterior, duplicando o incremento da media estatal, e superando os 21.300 millóns de euros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede apoios por 2,8 millóns de euros para para a posta en marcha de iniciativas que buscan mellorar a competitividade empresarial. Para seguir avanzando neste eido, ata o vindeiro 15 de marzo permanecen abertas as primeiras convocatorias de 2019 dos programas para o desenvolvemento dixital. Con estas medidas o Goberno galego favorece o desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, co obxectivo de acadar un novo modelo industrial vinculado á innovación e o emprego de tecnoloxías de última xeración.

Representantes do Igape destacaron os programas de desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, que teñen como obxectivo activar a modernización do tecido empresarial galego. Participaron en Santiago na xornada Financia Industria, na que, en coordinación co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, presentaron os plans de impulso das políticas industriais e os apoios ás empresas na súa transformación dixital. A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de abrir as primeiras convocatorias de 2019 dos programas de formación e axudas á dixitalización, dotadas con 5 millóns de euros, así como a nova edición do ReAcciona TIC.

A dotación da convocatoria é de 9 millóns de euros e prevé mobilizar preto de 40 millóns. Feijóo destaca que nesta edición poderán beneficiarse proxectos de carácter innovador, acreditados pola Gain, de calquera sector, excepto os excluídos pola regulamentación comunitaria.